RIBEIRASACRA_NEXT
A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra firma os primeiros beneficios tanxibles para asociados

por

RS NEXT

|

18/03/2024

|

general

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra acaba de pechar dous acordos de colaboración, que son de interese para as empresas asociadas. Estes acordos materialízanse en dous convenios que a AIE Ribeira Sacra Next, asinou este martes, 19 de marzo, con Gasóleos Monforte S.L. e A Túa Xanela S.L.

O Presidente da Agrupación Empresarial, Manuel Dacosta, agradeceu a colaboración das empresas coas que se levan a cabo estes primeiros convenios e destacou que se trata do “Primeiro caso tanxible de beneficio para asociados/as a esta Agrupación Empresarial”.

Antonio Vázquez, Administrador de Gasóleos Monforte, asegura que, “Estas colaboracións son unha maneira máis rápida de abrirse á xente, e logo é moi interesante que todos/as vaiamos nun mesmo sentido, que ao final é tirar pola zona da Ribeira Sacra e polo empresariado de aquí.”

Gasóleos de Monforte comprométese a ofrecer ás empresas asociadas á Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra un desconto de 6cts / litro combustible.  Gasóleos Monforte S.L. outorgará, á/ó socia/o que o solicite, unha tarxeta de identificación como beneficiaria/o do desconto, documento que deberá presentar obrigatoriamente no momento do consumo de combustible.

O Director Xeral de A Túa Xanela, Iñaki Castiñeira, destacaba a colaboración coa Agrupación para poder coñecer as necesidades do rural, “Interésanos moito porque é unha Agrupación que está asentada no rural e queremos que sexades portavoces das necesidades que hai, para así poder dar condicións de igualdade de acceso no rural”.

A Túa Xanela ofrece ás empresas socias:

  1. Fibra de 600 Mbmp simétricos + liña de teléfono fixa a 24€/mes (IVE incluido)
  2. Fibra de 600 Mbmp simétricos + liña de teléfono fixa + liña móbil a 34€/mes (IVE incluido)
  3. Engadir máis liñas móbiles tería un custe de 5€ adicionais

A porcentaxe de aforro, segundo os casos, pode chegar ao 40%. As empresas asociadas xustificarán a súa pertenza á Agrupación a través dun certificado que terán que solicitar á entidade. Os dous contratos, que se asinaron este martes, teñen un ano de vixencia.


Novas relacionadas

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra comeza a traballar coa Universidade da Coruña no seu Plan Director
25/04/2024
O Reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, destacaba, “Hoxe dámoslle nivel legal ao acordo, como Reitor é un pracer para a Universidade da Coruña colaborar con esta iniciativa. É unha honra part

Ver más ➜

“O proxecto está resultando moi interesante, imos seguir sumando e medrando”, destacan desde a AIE Ribeira Sacra Next
25/01/2024
Desde a Agrupación amosan a súa satisfacción pola receptividade que está tendo a AIE Ribeira Sacra Next, “Tanto os concellos como outras agrupacións e asociacións importantes na zona aseguran que o pr

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal