RIBEIRASACRA_NEXT
Ribeira Sacra Next organiza para o 20 de novembro o I Foro de Emprego Ribeira Sacra

por

RS NEXT

|

14/11/2025

|

general

Desde a súa posta en marcha, a Asociación ten detectado entre as empresas asociadas unha serie de necesidades ás que se lles intenta dar resposta. Entre esas demandas están a formación e o emprego e a celebración de networkings para intercambiar experiencias, sobre estas temáticas, entre as empresas asociadas.


A este respecto, despois de celebrar este mércores un encontro de Empredemento Escolar que vincula a polígonos industriais e centros de ensino, o día 20 de novembro levarase a cabo este primeiro Foro de Emprego que rematará cun espazo de nerworking.


A axenda da xornada é a seguinte:


  1. 10:30-10:40 Benvida e presentación. Presentadora: Ana Randolfe (ACH).
  2. 10:40-11:30 Mesa redonda: Presentación institucional. Situación do mercado laboral nas zonas rurais (Ribeira Sacra). Participan: Carmen José López Directora Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Lugo, César Blanco, Presidente da Confederación de Emprearios de Ourense, Severino Rodríguez, Presidente da Asociación de Empresas Ribeira Sacra. Modera: Manola Porto de Onda Cero.
  3. 11:30-12:15 Mesa redonda: Necesidades e dificultades das empresas para a contratación. Sinerxías coas entidades sociais da zona. Participan: Guillermo Solana (PANGAL), Núria Diéguez (Igaxes), Olalla García (Albores) e Iago Prado (Provivienda). Modera: Mónica Yáñez (Cáritas Diocesana de Lugo).
  4. 12:15-12:45 Mesa redonda: Presentación da Plataforma de Ofertas de Emprego RS NEXT da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next. Utilidade da plataforma para o fomento do emprego. Caso de éxito. Participan: David Diéguez (xerente, Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next), Laura Iglesias (ACH) e Manuel Dacosta (Galega de Investimentos e Proxectos, asociada a Ribeira Sacra Next). Modera: Lidia Enrich (Provivienda).
  5. 12:45-13:00 Quenda de preguntas do público e debate aberto. Modera: Lidia Enrich (Provivienda).
  6. 13:00-13:10 Clausura o Foro, Severino Rodríguez, Presidente da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next
  7. 13:10-13:30 Espazo de networking


Colaboran con este I Foro de Emprego Ribeira Sacra: Provivienda, Igaxes, Fundación Belarmino Fernández Iglesias, Acción contra a Fame, Albores Saúde Mental e Cáritas.

Enlace a inscricións : https://forms.office.com/e/GzFFudWXjW



Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola
05/11/2025
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next desenvolverá durante este curso un proxecto de emprendemento escolar que se levará a cabo en colaboración cos polígonos industriais de Monforte de Lemos, Ch

Ver más ➜

Convenio de colaboración entre o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next
09/10/2025
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next segue asinando convenios que favorezan ás empresas asociadas e os obxectivos da Asociación.

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal