RIBEIRASACRA_NEXT
Comeza a traballar a nova xerencia da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next

por

RS NEXT

|

21/07/2025

|

general

Nesta segunda quincena de xullo comezou a prestar os seus servizos para a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, David Diéguez Rodríguez, que se incorpora como xerente da Asociación.

A figura dunha xerencia foi, desde o inicio, unha necesidade prioritaria para a operatividade da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next. Buscábase un perfil moi completo e versátil para facerse cargo dun colectivo que implica a sectores moi diversos. Ao tempo, a xerencia tiña que ter un coñecemento do territorio e compartir a ilusión por este proxecto que segue materializándose.

Para iso contouse cunha empresa especializada en xestión de recursos humanos que preseleccionou ás persoas candidatas que despois pasaron un proceso de avaliación por parte dunha comisión designada pola Asociación. Deste proceso que levou varios meses, selecciouse a David Diéguez de 34 anos e natural de Lugo.

O novo xerente, que ten formación superior en Secretariado e fixo o Grao en Administración e Dirección de Empresas, desenvolveu a súa carreira na banca e en empresas de hostalaría, alimentación e distribución, tanto en España como no estranxeiro.

“Versatilidade, profesionalidade, interese, implicación e ilusión son algunhas das características que nos ofrece David Diéguez”, explica o comité avaliador. “David será a partir de agora a cara visible da Asociación e a persoa que aúne as nosas necesidades e demandas para poder darlles resposta. Comezou contrato coa Asociación o 18 de xullo e durante as próximas semanas poñerase en contacto con todas as empresas asociadas e colaborares da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next”.


Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next organiza para o 20 de novembro o I Foro de Emprego Ribeira Sacra
14/11/2025
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next promove a celebración do I Foro de Emprego Ribeira Sacra. A actividade levarase a cabo o xoves, 20 de novembro en horario de 10.30h a 13:30h no Centro do Vi

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola
05/11/2025
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next desenvolverá durante este curso un proxecto de emprendemento escolar que se levará a cabo en colaboración cos polígonos industriais de Monforte de Lemos, Ch

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal