por
|
|

Dende a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Mesa de Acción Social organizamos o II Foro de Emprego Ribeira Sacra, que terá lugar o mércores 2 de decembro de 2026, de 10:00 a 12:35 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos.
Tras a primeira edición, celebrada en novembro de 2025 neste mesmo espazo, o foro volve reunir empresas, entidades sociais, centros educativos e administracións para analizar os principais retos do mercado laboral na comarca: a captación e fixación de talento, a profesionalización do emprego, o relevo xeracional e a fixación de poboación no medio rural. A xornada organízase en tres mesas de debate que combinan a visión empresarial coa experiencia das entidades sociais, e pecharase cun café networking.
Na primeira edición, as conclusións sinalaron a falta de man de obra como o principal problema das empresas do territorio, moi ligada á vivenda e á formación. Foi tamén o momento no que presentamos o portal de emprego da asociación, unha ferramenta pensada para conectar as ofertas das empresas da Ribeira Sacra coas persoas que buscan traballo na zona.

Data: mércores 2 de decembro de 2026
Horario: 10:00 – 12:35 h
Lugar: Centro do Viño da Ribeira Sacra (Rúa do Comercio, 6 · Monforte de Lemos)
Organizan: Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Mesa de Acción Social
Colaboran: Acción contra a Fame, Asociación Española contra o Cancro en Lugo, Albores Saúde Mental, Asociación Agora, Cáritas Diocesana de Lugo, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Fundación Belarmino Fernández Iglesias, Igaxes e Fundación Samu

Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades