
📅 19 de xuño de 2026
📍 Parador de Monforte de Lemos
A asociación de Empresas Ribeira Sacra Next organiza o próximo 19 de xuño o Foro Vivenda Ribeira Sacra, unha xornada de análise, reflexión e diálogo arredor dun dos principais desafíos que afronta o territorio: o acceso á vivenda.
O encontro reunirá a representantes institucionais, profesionais, empresarios e expertos para abordar a situación actual da vivenda na comarca e explorar solucións que contribúan a favorecer a fixación de poboación, a atracción de talento e o desenvolvemento económico e social da Ribeira Sacra.
Ao longo da xornada trataranse cuestións como a planificación territorial, a rehabilitación do patrimonio inmobiliario, a mobilización de vivendas baleiras e as necesidades do tecido empresarial para atraer e reter profesionais. O foro servirá tamén para poñer en común experiencias, propostas e iniciativas que permitan avanzar cara a un modelo de desenvolvemento sostible e adaptado ás necesidades do territorio.
A iniciativa conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e Lugo, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e os medios de comunicación La Región e El Progreso.
O Foro Vivenda Ribeira Sacra nace coa vocación de converterse nun espazo de referencia para o debate e a procura de solucións que garantan o acceso á vivenda como elemento clave para o futuro da comarca.

Debido á alta demanda e ás numerosas peticións para coñecer de primeira man como a Intelixencia Artificial pode transformar empresas e negocios, organizamos dúas edicións da mesma xornada, en diferentes datas e localizacións, para facilitar a asistencia de empresas, directivos e xerentes da provincia.
Unha oportunidade única para descubrir da man dun especialista como aplicar a IA no día a día da túa empresa, automatizar procesos, mellorar a toma de decisións e impulsar a innovación.
📍 PEREIRO DE AGUIAR
🗓️ 11 de xuño
🕓 De 16:00h a 20:00h
📌 Salón de Actos do Centro de Día
(Santuario dos Gozos)

O Círculo de Empresarios de Galicia continúa a súa iniciativa Xeografía Empresarial: Ruta para o futuro de Galicia cun novo encontro centrado nun dos sectores estratéxicos para o desenvolvemento económico e a proxección internacional do territorio: a viticultura.
Baixo o título "Viticultura de valor e marca territorial", esta xornada analizará como o sector vitivinícola contribúe á creación de identidade, riqueza e oportunidades arredor do territorio, poñendo o foco no enoturismo, a diferenciación e a construción dunha marca sólida vinculada á orixe.
O evento celebrarase o vindeiro 10 de xuño de 2026 ás 10:00 horas no Áurea Palacio de Sober (Sober, Lugo), un escenario privilexiado no corazón da Ribeira Sacra.
A sesión contará coa participación de destacados profesionais do sector:

🤝 Asociación de Empresas da Ribeira Sacra, Asociación para el Progreso de la Dirección, Nordés Club Empresarial e Club Financiero de Santiago
A través da experiencia dos relatores, abordaranse cuestións clave como:
Un encontro dirixido a empresarios, directivos, profesionais, institucións e persoas interesadas no desenvolvemento económico e territorial de Galicia.
📅 Data: Mércores, 10 de xuño de 2026
🕙 Hora: 10:00 h
📍 Lugar: Áurea Palacio de Sober (Sober, Lugo)
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón:
🔗 https://circulo.gal/categorias/geografia-empresarial-viticultura-de-valor-y-marca-territorial/
As prazas son limitadas.

Debido á alta demanda e ás numerosas peticións para coñecer de primeira man como a Intelixencia Artificial pode transformar empresas e negocios, organizamos dúas edicións da mesma xornada, en diferentes datas e localizacións, para facilitar a asistencia de empresas, directivos e xerentes da provincia.
Unha oportunidade única para descubrir da man dun especialista como aplicar a IA no día a día da túa empresa, automatizar procesos, mellorar a toma de decisións e impulsar a innovación.
📍 MONFORTE DE LEMOS
🗓️ 4 de xuño
🕓 De 16:00h a 20:00h
📌 Hotel Cardenal


A xornada “Potenciando os recursos da Ribeira Sacra” preséntase como un encontro dirixido a persoas emprendedoras, profesionais e entidades interesadas en descubrir e aproveitar o potencial do territorio. Esta actividade ten como obxectivo impulsar proxectos innovadores vinculados aos recursos locais, poñendo en valor as oportunidades que ofrece a contorna da Ribeira Sacra.

Obradoiro de Seguros para Empresas na Ribeira Sacra.
Inscripción: Pulsa aquí
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades