RIBEIRASACRA_NEXT
Xornada de Talento Feminino no Rural

por

AIE-RSNext

|

31/12/2025

|

eventos

Ás 10:00h será a benvida e presentación da Xornada coa intervención da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega Núñez; a presidenta de Empresarias Galicia, Susana Pérez Iglesias e a vicepresidenta de Ribeira Sacra Next, Marisol Borrajo Lorenzo.


Na mesa de debate da Xornada exporán a súa experiencia como mulleres emprendedoras desde e para o rural:


  1. Sandra Viñas Diz, CEO de Mare Monte con sede en Sanxenxo, destinada ao cultivo ecolóxico de cogomelos, fábrica de conservas e patés. A empresa recibía este verán o Premio BBVA aos Mellores Produtores Sostibles.
  2. Olalla Cuiña Gómez, presidenta do Consello de Administración do grupo empresarial da familia Cuiña, con sede en Lalín. O grupo con firmas como Inasus SL, Metaldeza e Eliper Group SL, ocupa a máis de 300 traballadores.
  3. Elisa Fernández Ferreiro, educadora e consultora financieira. Desde San Xoán de Río acompaña a persoas e Pemes que queren ter máis claridade e tranquilidade no seu futuro financieiro.
  4. Lucía López Sobrado, de Gandaría Puluán en Monforte de Lemos. Lucía formouse en veterinaria para aportar máis valor á empresa familiar, que desde fai 3 anos tamén transforma en queixo a produción das máis de 140 vacas da explotación.
  5. Raquel Estévez Rodríguez, auxiliar de enfermaría que no 2018 poñía a andar en Monforte de Lemos o centro de día Vida, con 40 prazas para a atención a persoas maiores e con discapacidade.
  6. Pilar Díaz Vázquez, xerente de Casa dos Muros. Unha casa de turismo rural que comezou a funcionar en Pantón no 2000 e que reinventa a oferta turística con xogos de escapismo.

As inscricións poden facerse ata o 12 de xaneiro neste enlace




Novas relacionadas

Taller de Subvencións para empresas galegas
16/12/2025
Xornada sobre as subvencións das que se poden beneficiar as empresas galegas no 2026

Ver más ➜

Foro de Emprego Ribeira Sacra
20/11/2025
Conectando talento e oportunidades na Ribeira Sacra O Foro de Emprego Ribeira Sacra celebrarase o 20 de novembre

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal