por
|
|

A CEO sitúa o absentismo e a escaseza de man de obra no centro do debate empresarial. A Confederación Empresarial de Ourense celebrou este 9 de abril o I Observatorio sobre capital humano, centrado no absentismo laboral e a escaseza de man de obra, unha xornada que reuniu a representantes institucionais, expertos e asociacións empresariais para analizar dúas dos principais desafíos actuais do mercado laboral e o seu impacto directo nas empresas da provincia.
Este Observatorio enmárcase na aposta da CEO e de Ribeira Sacra Nect por xerar espazos de análises, reflexión e propostas que contribúan a mellorar a competitividade do tecido empresarial e dar resposta aos desafíos do mercado laboral actual. Na benvida institucional participaron o presidente da CEO, David Martínez e o seu homólogo na CEG, Juan Manuel Vieites, Teresa Díaz de Terán, directora do Departamento Sociolaboral de Cepyme, Adolfo García-Criado, director Institucional Territorial Noroeste Banco Sabadell e José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración.
Todos eles coincidiron en sinalar o absentismo laboral e a escaseza de man de obra como problemas estruturais que impactan directamente na produtividade, a organización interna e a competitividade das empresas, así como á necesidade urxente de comprender o fenómeno con datos rigorosos e análise sectorial, para identificar tendencias, dimensionar o problema e comparalo con outros territorios. Destacaron as cifras de Galicia en absentismo como preocupantes, por encima da media estatal, e a súa característica de problema global, con repercusión en todos os sectores e territorios. Ante isto, as empresas demandan criterios claros e ferramentas prácticas para xestionar situacións como baixas prolongadas, reincorporacións ou vacantes difíciles de cubrir, dentro dun marco legal e organizativo cada vez máis complexo.
Na súa intervención, o conselleiro de Emprego subliñou a necesidade de reforzar o diálogo social entre empresas e traballadores para deseñar medidas eficaces fronte ao absentismo, garantindo sempre a protección da saúde e os dereitos laborais á vez que se reduce o seu impacto nas empresas; igualmente avanzou a posta en marcha dun programa integral para abordar as baixas laborais e defendeu unha política de atracción de talento vinculada ás necesidades empresariais, incluíndo a reclamación de competencias na xestión de autorizacións de traballo para persoas estranxeiras
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades