RIBEIRASACRA_NEXT
A Intelixencia Artificial centra unha xornada formativa para empresas da Ribeira Sacra en Monforte

por

RS NEXT

|

05/06/2026

|

general

O pasado 4 de xuño, o Hotel Cardenal de Monforte de Lemos acolleu o obradoiro “Intelixencia Artificial para Directivos e Xerentes”, unha iniciativa que reuniu a un grupo de empresarios e empresarias da Asociación de Empresas da Ribeira Sacra interesados en coñecer de primeira man as posibilidades que ofrece a Intelixencia Artificial para mellorar a xestión, a produtividade e a competitividade das súas organizacións.


A sesión desenvolveuse nun ambiente participativo e próximo, permitindo aos asistentes descubrir aplicacións prácticas da IA no ámbito empresarial e explorar ferramentas capaces de automatizar procesos, optimizar tarefas cotiás e facilitar a toma de decisións. O carácter eminentemente práctico do obradoiro permitiu que os participantes coñecesen exemplos reais de uso e comprobasen como estas tecnoloxías poden incorporarse ao día a día das empresas, independentemente do seu tamaño ou sector de actividade.


Ao longo da xornada púxose de manifesto o crecente interese do tecido empresarial da Ribeira Sacra por avanzar na transformación dixital e aproveitar as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías para afrontar os retos actuais do mercado. A formación serviu tamén para demostrar que a Intelixencia Artificial xa non é unha ferramenta reservada ás grandes corporacións, senón unha realidade accesible que pode axudar ás pemes e aos negocios locais a ser máis eficientes, innovadores e competitivos.


Desde a Asociación de Empresas da Ribeira Sacra queremos agradecer a asistencia e implicación de todas as persoas participantes, que contribuíron ao éxito desta actividade coa súa participación activa e o seu interese por seguir incorporando coñecemento e innovación ás súas empresas. Así mesmo, queremos recoñecer a colaboración de Estudios Rafer, cuxa experiencia e coñecementos permitiron desenvolver unha sesión dinámica, práctica e adaptada ás necesidades reais das empresas asistentes.



Esta actividade enmárcase no compromiso da Asociación por promover accións formativas e iniciativas que contribúan ao fortalecemento do tecido empresarial da comarca, fomentando a innovación, a cooperación e a mellora continua como ferramentas fundamentais para afrontar o futuro.


Tras a boa acollida desta primeira sesión en Monforte de Lemos, celebrarase unha nova edición deste obradoiro práctico no Pereiro de Aguiar en Ourense, ofrecendo unha nova oportunidade para que empresarios, directivos e profesionais poidan descubrir o potencial da Intelixencia Artificial aplicada á empresa e coñecer ferramentas que lles permitan mellorar a súa competitividade e impulsar a innovación nos seus negocios.


📍 Pereiro de Aguiar

🗓️ 11 de xuño

🕓 De 16:00h a 20:00h

📌 Salón de Actos do Centro de Día (Santuario dos Gozos)

👉 Inscricións:

https://ribeirasacranext.gal/inscricion-actividades/new?actividade=AC.000137


A boa acollida desta xornada anímanos a seguir impulsando novas actividades que acheguen valor ás nosas empresas e contribúan ao desenvolvemento económico da Ribeira Sacra.


Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next reforza a colaboración coa Delegación do Goberno para impulsar o futuro da comarca
03/06/2026
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next mantivo un encontro co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, no que se abordar

Ver más ➜

Viticultura de valor e marca territorial: identidade produtiva, enoturismo e xeración de valor desde o territorio
02/06/2026
O Círculo de Empresarios de Galicia continúa a súa iniciativa Xeografía Empresarial: Ruta para o futuro de Galicia cun novo encontro centrado nun dos sectores estratéxicos para o desenvolvemento econó

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal