por
|
|

O venres 3 de xullo, Ribeira Sacra Next tivo a oportunidade de participar na xornada anual da directiva e do persoal técnico da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), celebrada na Ribeira Sacra.
A invitación de AEMOS permitiunos compartir unha xornada de traballo, convivencia e intercambio de experiencias arredor do asociacionismo empresarial, un ámbito no que ambas entidades compartimos unha visión común baseada na colaboración, a participación e a creación de oportunidades para as empresas dos nosos territorios.

Ao longo da xornada puxéronse en común proxectos, retos e boas prácticas, xerando un espazo de diálogo moi enriquecedor. Este tipo de encontros resultan especialmente motivadores, xa que permiten fortalecer relacións entre asociacións, aprender doutras experiencias e seguir construíndo redes de colaboración que contribúan ao desenvolvemento económico e empresarial.
Desde Ribeira Sacra Next queremos agradecer a AEMOS a invitación e a confianza depositada na nosa entidade para formar parte desta xornada. A boa sintonía existente entre ambas asociacións e a vontade compartida de impulsar o asociacionismo empresarial fan posible este tipo de iniciativas entre outras, que achegan valor e enriquecen o traballo que desenvolvemos día a día.

Seguiremos apostando por compartir espazos de encontro, reflexión e cooperación que contribúan a fortalecer o tecido empresarial e asociativo dos nosos territorios.
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades