RIBEIRASACRA_NEXT
FORO VIVENDA RIBEIRA SACRA 19 XUÑO 2026

por

RS NEXT

|

06/06/2026

|

general

A asociación Ribeira Sacra Next organiza xunto a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) o próximo 19 de xuño, no Parador de Monforte de Lemos, o FORO DA VIVENDA RIBEIRA SACRA, unha xornada que reunirá a representantes institucionais, profesionais, empresarios e expertos para analizar a situación actual da vivenda e buscar solucións aos desafíos que afronta o territorio.


O foro xorde como unha iniciativa de Ribeira Sacra Next ante a crecente preocupación pola problemática da vivenda na comarca. A asociación leva tempo analizando e avaliando a situación existente, detectando dificultades relacionadas coa dispoñibilidade de inmobles, a rehabilitación do parque residencial, o acceso á vivenda para novos residentes e traballadores, así como os efectos que esta realidade pode ter sobre o desenvolvemento económico e social do territorio.


A iniciativa conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e Lugo, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e os medios de comunicación La Región e El Progreso, entidades que achegan unha visión complementaria e multidisciplinar a un dos grandes retos da Ribeira Sacra.


Durante a xornada abordaranse cuestións relacionadas coa vivenda desde diferentes perspectivas: a planificación territorial, a rehabilitación do patrimonio inmobiliario, a mobilización de vivendas baleiras, as necesidades do tecido empresarial para atraer e fixar talento, así como as oportunidades que poden contribuír a garantir un desenvolvemento sostible da comarca.


Nos próximos días a organización irá desvelando os nomes dos relatores e participantes que formarán parte das distintas mesas redondas, nas que estarán representados os principais axentes implicados no ámbito da vivenda, o urbanismo, a empresa e a administración pública. A presentación oficial do programa e dos primeiros ponentes terá lugar nunha ronda de prensa que se celebrará o vindeiro 12 de xuño.


O Foro Vivenda Ribeira Sacra nace coa vontade de converterse nun espazo de reflexión, análise e proposta, capaz de reunir coñecemento, experiencia e iniciativas que contribúan a afrontar un dos desafíos máis importantes para o futuro da comarca: garantir o acceso á vivenda como elemento clave para a fixación de poboación, a atracción de investimento e o desenvolvemento económico da Ribeira Sacra.


As persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón:

https://ribeirasacranext.gal/inscricion-actividades/new?actividade=AC.000170



Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next asiste ao O Encontro da Toxa 2026
20/07/2026
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next participou os días 16 e 17 de xullo en O Encontro da Toxa 2026, celebrado baixo o lema

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Chantada asinan un convenio para reforzar a colaboración empresarial no territorio
07/07/2026
A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Chantada asinaron hoxe, 7 de xullo de 2

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: