por
|
|

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next participou os días 16 e 17 de xullo en O Encontro da Toxa 2026, celebrado baixo o lema «Galicia ante unha nova realidade». A cita reuniu durante dúas xornadas preto dun milleiro de representantes do ámbito empresarial, institucional e académico, consolidándose como un dos principais espazos galegos de diálogo, reflexión estratéxica e creación de alianzas.
O programa abordou algúns dos grandes retos aos que se enfrontan actualmente Galicia e o seu tecido produtivo: o novo escenario xeopolítico, a competitividade empresarial, a innovación, a intelixencia artificial, a defensa, a sustentabilidade, a atracción e retención de talento, a transformación do emprego, a empresa familiar e a cooperación entre territorios.

Entre as diferentes sesións destacaron os debates sobre as oportunidades industriais para Galicia, o liderado tecnolóxico, a descarbonización, os novos hábitos de consumo, a aplicación da intelixencia artificial ao márketing e á formación, a comunicación empresarial, o emprendemento, o talento novo e os retos de futuro das administracións locais.
A segunda xornada centrouse especialmente no novo contexto internacional, nas debilidades de Europa, no impacto dos traballadores dixitais, na resiliencia das cadeas de subministración e nas estratexias de crecemento empresarial desde a perspectiva do noroeste peninsular. Tamén se puxo de manifesto a importancia de reforzar a colaboración público-privada para atraer investimento, talento e novos proxectos estratéxicos.
O encontro concluíu coa entrega do Premio Empresario Galego do Ano 2026 a Antonio Fontenla Ramil, en recoñecemento á súa ampla traxectoria e á súa contribución ao desenvolvemento do tecido empresarial galego.
Desde Ribeira Sacra Next consideramos fundamental participar en encontros deste nivel, nos que empresas, institucións e persoas expertas comparten coñecementos, experiencias e diferentes visións sobre o presente e o futuro de Galicia.

A Ribeira Sacra forma parte activa deste novo escenario. Desde o noso territorio temos moito que achegar en ámbitos como o emprendemento, a innovación, a sustentabilidade, a atracción de talento, a dinamización económica e a colaboración empresarial. Participar nestes espazos permítenos trasladar a realidade das empresas do rural, establecer novas conexións e reforzar a presenza da Ribeira Sacra nos grandes debates económicos e sociais de Galicia.
Foron dúas xornadas moi enriquecedoras, cheas de aprendizaxe, intercambio de ideas e oportunidades para seguir creando sinerxías. Un pracer compartir estes días e intercambiar puntos de vista con Álvaro Fontela, de Raiola Networks e Pablo Álvarez, de Esfera Oposiciones.
Desde a Asociación agradecemos á organización a celebración dunha iniciativa que contribúe a transformar a reflexión en cooperación e a construír unha visión compartida para o desenvolvemento económico e empresarial de Galicia.
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades