RIBEIRASACRA_NEXT
“O proxecto está resultando moi interesante, imos seguir sumando e medrando”, destacan desde a AIE Ribeira Sacra Next

por

AIE-RSNext

|

25/01/2024

|

general

A Agrupación de Interese Ecomómico Ribeira Sacra Next constituíase legalmente hai un ano e neste 2024, responsables da Agrupación centran os esforzos en darse a coñecer nos diferentes municipios da Ribeira Sacra de Lugo e Ourense. O obxectivo: poder contar con todos os municipios do territorio Ribeira Sacra como socios colaboradores da Agrupación.

A primeira destas reunións de presentación celebrouse cos alcaldes do Saviñao, Sober, Pantón e A Pobra do Brollón. Seguiulle encontro cos alcaldes de Nogueira de Ramuín e Monforte de Lemos. A Teixeira, Parada de Sil, Montederramo, Chandrexa de Queixa e Xunqueira de Espadanedo foron as seguintes citas de presentación da Agrupación que esta semana reuníase cos alcaldes de Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río e alcaldesa de Castro Caldelas.

Desde a Agrupación amosan a súa satisfacción pola receptividade que está tendo a AIE Ribeira Sacra Next, “Tanto os concellos como outras agrupacións e asociacións importantes na zona aseguran que o proxecto lles parece interesante. Todos estamos dispostos a seguir sumando e medrando”.

Na axenda de próximas reunións figuran os concellos de Chantada, Carballedo, Portomarín, Paradela e Bóveda; ademais das deputacións de Lugo e Ourense. A Agrupación segue informando a empresas e autónomos/as interesados/as, mentres que hai entidades que ademais de animar o traballo que se está a desevolver, deron xa o seu si a formar parte como socios colaboradores. É o caso dos concellos de Sober, O Saviñao, Pantón, A Pobra do Brollón, Taboada, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Parada de Sil, Montederramo e Nogueira de Ramuín. Tamén quixeron entrar a formar parte como socios colaboradores a Comunidade de regantes, Fundación Belarmino Fernández, Prodeme e CCU de Monforte de Lemos.

A AIE conta, polo momento, con máis de 60 empresas que suman máis de 400 traballadores e unha facturación de máis de 90 millóns de euros. Todas as epresas e autónomos/as interesados/as en participar neste novo proxecto empresarial poden obter información e incribirse na web provisional da AIE, ribeirasacranext.gal

Novas relacionadas

Convenio de colaboración entre o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next
09/10/2025
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next segue asinando convenios que favorezan ás empresas asociadas e os obxectivos da Asociación.

Ver más ➜

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next na ruta cara o futuro de Galicia
01/10/2025
O Parador de Turismo de Monforte acolleu este mércores, 1 de outubro, un encontro empresarial baixo o título, “Innovación con raíces. Emprendemento que transforma o rural".

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal