AE RibeiraSacraNext - As patronais de Lugo e Ourense e Ribeira Sacra Next lanzan un foro polo futuro da comarca
As confederacións de empresarios de Lugo (CEL) e Ourense (CEO) e Ribeira Sacra Next, coa colaboración da patronal galega CEG, poñen en marcha un foro de reflexión permanente.
·
1 min de lectura
A posta de longo deste 'think tank' celebrarase na primavera en Monforte, onde se organizará un encontro de traballo que congregará a especialistas "de alta relevancia" en campos como a demografía, a vivenda e a empresa. As conclusións trasladaranse ás administracións para tratar de influír nas políticas públicas en prol da proxección da Ribeira Sacra.
No comments yet. Inicie sesión para iniciar una nueva discusión Empezar una nueva conversación