RIBEIRASACRA_NEXT
VIGO10 SERVICON
VIGO10 SERVICON SL

Información de contacto

Dirección:

Calle Ourense, 7 Local4
Monforte de Lemos

Provincia

Lugo

Website:

https://vigo10consultores.com/

Descrición

Vigo10 Consultores é unha consultora que nace coa finalidade de dar resposta a unha realidade moi concreta das empresas, que non é outra que o tratamento dos investimentos e proxectos desde un punto de vista medioambiental. A estrita normativa medioambiental debe ser tida en conta polas empresas para o desenvolvemento dos seus proxectos, a súa organización e as súas estratexias, pero ao mesmo tempo pode e debe ser aproveitada para a valorización dos seus produtos e instalacións, procurando que os investimentos xa realizados teñan un retorno comercial pero, sobre todo, económico. Por iso é necesario contar co asesoramento de operadores expertos na materia, tanto desde o punto de vista legal como desde o técnico-operativo das industrias, e é aí onde Vigo10 Consultores ten centrado as súas actuacións desde hai máis de 10 anos, construíndo un equipo multidisciplinar que busca ofrecer un servizo profesionalizado e integral ás empresas neste ámbito, contando con oficinas activas en Vigo, Valladolid e Madrid. O equipo está conformado por letrados, enxeñeiros e xestores técnicos expertos en materia medioambiental, con formación específica, que sustentan a súa metodoloxía de traballo e os seus protocolos de actuación en cinco piares fundamentais: experiencia, coñecemento, proximidade, dispoñibilidade e tecnoloxía.

Productos e servizos

  1. Obtención de deducións medioambientais.
  2. Optimización de investimentos.
  3. Informe de risco medioambiental (mirat).
  4. Cálculo e rexistro da pegada de carbono da empresa.

Áreas de actividade

CONSULTORES

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal