RIBEIRASACRA_NEXT
O II Foro de Emprego Ribeira Sacra reunirá o 2 de decembro en Monforte a empresas e entidades para abordar os retos do mercado laboral

por

RS NEXT

|

25/11/2026

|

general

II FORO DE EMPREGO RIBEIRA SACRA


O II Foro de Emprego Ribeira Sacra reunirá o 2 de decembro en Monforte a empresas e entidades sociais para abordar os retos do mercado laboral


Dende a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e a Mesa de Acción Social organizamos o II Foro de Emprego Ribeira Sacra, que terá lugar o mércores 2 de decembro de 2026, de 10:00 a 12:35 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos.


Tras a primeira edición, celebrada en novembro de 2025 neste mesmo espazo, o foro volve reunir empresas, entidades sociais, centros educativos e administracións para analizar os principais retos do mercado laboral na comarca: a captación e fixación de talento, a profesionalización do emprego, o relevo xeracional e a fixación de poboación no medio rural. A xornada organízase en tres mesas de debate que combinan a visión empresarial coa experiencia das entidades sociais, e pecharase cun café networking.


Na primeira edición, as conclusións sinalaron a falta de man de obra como o principal problema das empresas do territorio, moi ligada á vivenda e á formación. Foi tamén o momento no que presentamos o portal de emprego da asociación, unha ferramenta pensada para conectar as ofertas das empresas da Ribeira Sacra coas persoas que buscan traballo na zona.


Programa da xornada



Inscricións aquí



Data: mércores 2 de decembro de 2026

Horario: 10:00 – 12:35 h

Lugar: Centro do Viño da Ribeira Sacra (Rúa do Comercio, 6 · Monforte de Lemos)

Organizan: Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Mesa de Acción Social

Colaboran: Acción contra a Fame, Asociación Española contra o Cancro en Lugo, Albores Saúde Mental, Asociación Agora, Cáritas Diocesana de Lugo, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Fundación Belarmino Fernández Iglesias, Igaxes e Fundación Samu


Novas relacionadas

Participamos no encontro de networking de BNI para seguir tecendo rede entre as empresas do territorio
23/11/2026
Asistimos a unha xornada que reuniu empresas e profesionais da zona para coñecerse, compartir experiencias e descubrir o funci

Ver más ➜

Participamos en Lugo na terceira xornada do programa Polígonos 360º da FEGAPE
20/11/2026
Asistimos á sesión dun programa formativo que achega novos coñecementos e ferramentas para a xestión, a modernización e o dese

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: