por
|
|

Dende a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next participamos onte, xoves 19 de novembro, na terceira xornada do programa Polígonos 360º, organizado pola Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) e financiado pola Xunta de Galicia. A sesión celebrouse en Lugo e contou coa asistencia do noso xerente, David Diéguez.

Polígonos 360º é un programa de formación presencial de 32 horas, repartidas en catro xornadas ao longo do mes de novembro, que percorre diferentes puntos de Galicia: Santiago de Compostela, Oia, Lugo e Ourense. A súa finalidade é dotar as entidades que traballan coas áreas empresariais de novos coñecementos e ferramentas para mellorar a súa xestión, modernizalas e impulsar o seu desenvolvemento, abordando cuestións como a seguridade, a gobernanza, a comunicación, a captación de recursos, a dixitalización e a sostibilidade.
A xornada foi tamén un espazo de encontro con outras asociacións, entidades xestoras e representantes da administración, co que puidemos intercambiar experiencias e coñecer de primeira man os modelos de xestión que se están a impulsar noutros territorios.

Para nós, estar presentes en iniciativas como Polígonos 360º é parte do noso compromiso por levar a voz das empresas da Ribeira Sacra aos espazos onde se define o futuro das áreas empresariais de Galicia. A xestión do solo empresarial, a dixitalización ou a sostibilidade son retos que comparte todo o tecido produtivo galego, e nestes foros achegamos a experiencia do noso territorio e contribuímos, xunto ao resto de entidades, a construír solucións comúns.

Dende Ribeira Sacra Next seguiremos apostando pola colaboración con outras entidades empresariais de Galicia para contribuír a unha Ribeira Sacra máis forte, moderna e competitiva.

Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades