RIBEIRASACRA_NEXT
Ribeira Sacra Next no 1º Observatorio CEO sobre o Capital Humano

por

AIE-RSNext

|

09/04/2026

|

general

A CEO sitúa o absentismo e a escaseza de man de obra no centro do debate empresarial. A Confederación Empresarial de Ourense celebrou este 9 de abril  o I Observatorio sobre capital humano, centrado no absentismo laboral e a escaseza de man de obra, unha xornada que reuniu a representantes institucionais, expertos e asociacións empresariais para analizar dúas dos principais desafíos actuais do mercado laboral e o seu impacto directo nas empresas da provincia.


Este Observatorio enmárcase na aposta da CEO e de Ribeira Sacra Nect por xerar espazos de análises, reflexión e propostas que contribúan a mellorar a competitividade do tecido empresarial e dar resposta aos desafíos do mercado laboral actual. Na benvida institucional participaron o presidente da CEO, David Martínez e o seu homólogo na CEG, Juan Manuel Vieites, Teresa Díaz de Terán, directora do Departamento Sociolaboral de Cepyme, Adolfo García-Criado, director Institucional Territorial Noroeste Banco Sabadell e José González, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración.


Todos eles coincidiron en sinalar o absentismo laboral e a escaseza de man de obra como problemas estruturais que impactan directamente na produtividade, a organización interna e a competitividade das empresas, así como á necesidade urxente de comprender o fenómeno con datos rigorosos e análise sectorial, para identificar tendencias, dimensionar o problema e comparalo con outros territorios. Destacaron as cifras de Galicia en absentismo como preocupantes, por encima da media estatal, e a súa característica de problema global, con repercusión en todos os sectores e territorios. Ante isto, as empresas demandan criterios claros e ferramentas prácticas para xestionar situacións como baixas prolongadas, reincorporacións ou vacantes difíciles de cubrir, dentro dun marco legal e organizativo cada vez máis complexo.


Na súa intervención, o conselleiro de Emprego subliñou a necesidade de reforzar o diálogo social entre empresas e traballadores para deseñar medidas eficaces fronte ao absentismo, garantindo sempre a protección da saúde e os dereitos laborais á vez que se reduce o seu impacto nas empresas; igualmente avanzou a posta en marcha dun programa integral para abordar as baixas laborais e defendeu unha política de atracción de talento vinculada ás necesidades empresariais, incluíndo a reclamación de competencias na xestión de autorizacións de traballo para persoas estranxeiras

Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next asiste ao O Encontro da Toxa 2026
20/07/2026
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next participou os días 16 e 17 de xullo en O Encontro da Toxa 2026, celebrado baixo o lema

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Chantada asinan un convenio para reforzar a colaboración empresarial no territorio
07/07/2026
A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Chantada asinaron hoxe, 7 de xullo de 2

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: