por
|
|

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dende a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next sumámonos ao rexeitamento de calquera forma de violencia machista.
Cada 25 de novembro lémbranos que a violencia contra as mulleres segue presente na nosa sociedade, tamén no medio rural, onde a distancia e o illamento poden facer máis difícil dar o paso de pedir axuda.
As empresas tamén formamos parte da rede que acompaña. Os centros de traballo poden e deben ser espazos seguros, onde se escoita, se respecta e se actúa ante calquera situación de violencia ou acoso.
Por iso facemos noso o lema «Que ningunha muller camiñe soa» e animamos as empresas asociadas e a toda a sociedade da Ribeira Sacra a seguir traballando por un territorio libre de violencia machista, os 365 días do ano.
Se ti ou alguén do teu contorno o necesita:

Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades