RIBEIRASACRA_NEXT
A AIE RibeiraSacra Next pasa da teoría á práctica

por

AIE-RSNext

|

15/11/2023

|

general

A Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra Next constituíase a comezos deste ano 2023, como unha agrupación aberta a tódolos sectores empresariais da Ribeira Sacra, unindo as provincias de Lugo e Ourense. Do mesmo modo que a Ribeira Sacra se presenta como un territorio único no sector do viño e no sector turístico, a Agrupación de Interese Empresarial vincula as actividades empresariais das dúas provincias, ao entender que se teñen intereses comúns nun territorio único e que unid@s poden facer máis forza.



Os fins da AIE son:

  1. Contribuír, desde unha perspectiva empresarial ao desenvolvemento socioeconómico sustentable do Territorio Ribeira Sacra, aproveitando as sinerxias empresariais a través da valorización dos recursos e poñendo no centro ás persoas, o medioambiente, o territorio e a innovación.
  2. Ser interlocutora con administracións e colectivos de diversa índole.
  3. Cooperar con outros territorios diferenciados, como é o caso da Ribeira Sacra.
  4. Facilitar o acceso aos diferentes Fondos Europeos para que redunden no desenvolvemento do territorio e na mellora da competitividade do tecido produtivo.

Durante este ano a agrupación desenvolveu roldas de contactos con administracións e parte do tecido empresarial do territorio. Neste mes de novembro e con máis de 60 empresas que xa forman parte da Agrupación, desenvolveuse a primeira asemblea, onde se definiron as primeiras liñas de actuación e constituíuse o Consello de Administración, formado por 15 persoas que comenzarán a traballar para seguir dando forma a esta realidade ilusionante.



No ánimo de achegarse a cada recuncho deste territorio decidiuse que as asembleas foran itinerantes, e despois desta primeira cita en Monforte de Lemos, a vindeira semana reuniranse en Pantón.



A contratación dunha xerencia é agora un paso fundamental, mentres se anima a todas as actividades empresariais da Ribeira Sacra a sumarse a esta iniciativa que busca dinamizar o territorio. “Cremos que é importante participar porque é unha oportunidade. Os problemas e as fortalezas xestiónanse mellor desde a unión. Se gañan as empresas gaña o territorio e gañamos todos”, destacan dous dos promotores, Manuel Dacosta e Severino Rodríguez.



Para seguir sumando empresas asociadas habilitouse a web ribeirasacranext.gal onde se poden inscribir as empresas e autónomos/as que o desexen. Tamén se pode manifestar o interese por sumarse á AIE a través dos teléfonos: Severino Rodríguez (609 825 975) Manuel Dacosta (627 514 778).




Novas relacionadas

Traballo colectivo da Asociación Ribeira Sacra Next para a súa posta en marcha, atendendo ás necesidades reais das empresas asociadas
22/05/2025
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next prepara neste mes de maio a súa posta en funcionamento, definindo entre todas as empresas asociadas, as primeiras accións a desenvolver.

Ver más ➜

Comeza a traballar a nova xerencia da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next
21/07/2025
Nesta segunda quincena de xullo comezou a prestar os seus servizos para a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, David Diéguez Rodríguez, que se incorpora como xerente da Asociación.

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal