RIBEIRASACRA_NEXT
“De nós depende que isto avance para poñernos á vangarda do futuro”, Ribeira Sacra Next IAE

por

AIE-RSNext

|

17/02/2023

|

general

Ribeira Sacra Next AIE costituíase o 4 de xaneiro ante notario coa firma de varios empresarios da provincia de Lugo, pero o seu obxectivo é unir ao sector empresarial da Ribeira Sacra, tanto da provincia de Lugo como de Ourense. Para comezar a andar fixéronse encontros con institucións e con empresas coas que se tiña contacto, agora suman x empresas e fan un chamamento á participación de todas as empresas da Ribeira Sacra.



O secretario de Ribeira Sacra Next AIE, Severino Rodríguez, explicaba as orixes e como a Agrupación está aberta a todos os sectores empresariais con varios obxectivos que se poden ir ampliando, “elaborar un plan estratéxico feito por profesionais que coñeza o territorio para coñecer as necesidades e cara onde hai que camiñar, unha voz interlocutora con calquera colectivo e institución; promover a relación con outros territorios diferenciados como Ribeira Sacra para posicionarnos mellor no mundo, facilitar ás empresas o acceso aos fondos europeos, e a creación dun nodo tecnolóxico da Ribeira Sacra.”



Establécense 3 formas de participación na Agrupación, como socio con voz e voto cunha couta de 300€; como colaborador, formando parte da mesma, pero sen dereito a voto, cunha cuota que aínda está por definir e a terceira opción, “meténdose ao fondo a traballar por esta Agrupación, necesitamos unha directiva e fai falta xente para iso, necesitamos un grupo de 10, 15 persoas dispostas a traballar nisto”.


“Cremos que é importante participar porque é unha oportunidade e, ou nos xuntamos ou imos en inferioridade de condicións con calquera territorio. Os problemas e as fortalezas xestiónanse mellor desde a unión, só por iso témolo que tentar sen medo. Non hai nada que perder, só podemos gañar e se gañan as empresas gaña o territorio e gañamos todos”.

Tanto o secretario como o presidente, Manuel Dacosta, agradeceron a gran acollida deste acto de presentación pública. Dacosta aseguraba que desde que se firmara a constitución ata agora, a idea non fixera máis que medrar, “iso débese a que na Ribeira Sacra hai persoas con grandes iniciativas”.



“A Ribeira Sacra que temos aquí agora é grazas a moita xente, pero o mundo está cambiando moi rápido, coa pandemia a evolución é moito más rápida e no mundo empresarial ocorre a diario”, por iso a importancia de unirse para acceder a fondos europeos que darán unha capacidade económica importante.



Dacosta insistía nos recursos e potencialidade do territorio Ribeira Sacra e apostaba por seguir poñéndoo en valor con todos os medios ao alcance e aquí insistiu na importancia do Nodo Tecnolóxico, “O nodo tecnolóxico é a clave para que este territorio avance cun paso moi firme moi seguro cara a modernidade, podemos conseguir que en calquera sitio do mundo a calquera hora do día unha persoa tecleé Ribeira Sacra e en 16 segundos teña a información de todos os proxectos que integran a Agrupación.”



De que a Agrupación camiña con paso firme deixouse constancia en canto a que xa se abriu unha colaboración para que as empresas poidan beneficiarse do Plan Retorna. Este encontro de presentación da Ribeira Sacra Next AIE completouse cuns pinchos e uns viños, durante os que moitas das persoas presentes aproveitaron para entrar a formar do novo proxecto.



Novas relacionadas

Xornada de networking e sinatura do convenio entre Ribeira Sacra Next e Nordés Club Empresarial
30/05/2025
Intenso mes de maio para a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next que segue tendo encontros coas empresas asociadas para definir as primeiras accións a desenvolver. Proximamente daranse a coñecer o

Ver más ➜

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next na ruta cara o futuro de Galicia
01/10/2025
O Parador de Turismo de Monforte acolleu este mércores, 1 de outubro, un encontro empresarial baixo o título, “Innovación con raíces. Emprendemento que transforma o rural".

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal