RIBEIRASACRA_NEXT
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next colabora cos polos de emprendemento da Ribeira Sacra para dinamizar o territorio

por

AIE-RSNext

|

08/04/2026

|

general

Neste 2026 a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next está a desenvolver unha completa axenda de propostas para dinamizar o territorio e darse a coñecer entre os emprendedores e empresas da Ribeira Sacra.


Estas actividades lévanse a cabo en colaboración cos polos de emprendemento e os concellos. Así o mércores, 15 de abril, desde as 12.00h organízase no Mosteiro de Santo Estevo, no concello de Nogueira de Ramuín, a xornada “Potenciando os recursos da Ribeira Sacra”. O encontro diríxese a persoas emprendedoras, profesionais e entidades interesadas en descubrir e aproveitar o potencial do territorio.


O obxectivo da proposta é impulsar proxectos innovadores vinculados aos recursos locais, poñendo en valor as oportunidades que ofrece a contorna da Ribeira Sacra. Durante o evento abordaranse ámbitos clave como a empresa, o turismo, o patrimonio, o sector agroalimentario e os servizos, fomentando a creación de iniciativas sostibles e adaptadas ás necesidades da zona. A asistencia é gratuíta, pero require inscrición previa a través do seguinte enlace:https://es.polosemprendemento.gal/calendar/potenciando-os-recursos-da-ribeira-sacra

Esta xornada está organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño e a Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next, coa participación da Asociación de Empresarios de Nogueira de Ramuín e o Concello de Nogueira de Ramuín.


Xa a finais de marzo se desenvolverá co Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Monforte de Lemos, a xornada “Fomentando a transmisión de negocios”, unha actividade centrada nas oportunidades que ofrece a remuda xeracional no tecido empresarial.


E despois da cita deste 15 de abril en Nogueira de Ramuín, a seguinte actividade cos polos de emprendemento desenvolverase en Xunqueira de Espadanedo cunha xornada networking que terá lugar o 12 de maio.


Este tipo de actividades promoven o intercambio de experiencias e a colaboración entre os diferentes axentes locais, fortalecendo o ecosistema emprendedor da Ribeira Sacra.



Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next impulsa unha nova contratación xuvenil a través do programa TR349Z
26/10/2026
A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next desenvolve unha nova actuación no marco do programa TR349Z, destinada á contratación de persoas mozas insc

Ver más ➜

Marcamos a folla de ruta da segunda edición de «Emprendemento na Escola», que chegará a 11 centros educativos de toda Galicia
21/10/2026
Hoxe, 21 de outubro, celebramos no IES Río Cabe de Monforte de Lemos unha xornada de presentación e coordinación cos centros educativos e as as

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: