por
|
|

Os pasados días 6, 7 e 8 de maio, Sober converteuse nun dos grandes puntos de encontro do tecido empresarial, institucional e académico galego coa celebración de O Encontro Sober 2026: Diálogos Rural e Industria, unha iniciativa impulsada por CESUGA – Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia baixo o lema “Galicia que soña, Galicia que avanza”.
O foro reuniu a máis de 400 profesionais, empresas, administracións e entidades vinculadas ao desenvolvemento territorial, coa finalidade de analizar os retos e oportunidades do rural galego desde unha perspectiva innovadora, sostible e colaborativa. Durante as xornadas abordáronse cuestións clave como o relevo xeracional, a vivenda e os servizos no rural, a transformación industrial, a internacionalización do sector agroalimentario, a sustentabilidade ou a innovación empresarial.
Dende a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next queremos expresar o noso agradecemento á organización de O Encontro, especialmente a CESUGA e a J. Venancio Salcines (Ph. D), por invitarnos a asisitr e sobretodo polo traballo realizado para facer posible unha xornada tan necesaria para o futuro do noso territorio.
Foi unha oportunidade moi enriquecedora para compartir experiencias, coñecemento e visión de futuro con profesionais, empresas e entidades comprometidas co desenvolvemento do rural e coa posta en valor da Ribeira Sacra como espazo de innovación, emprendemento e oportunidades.
Este tipo de iniciativas contribúen a fortalecer alianzas, crear sinerxías e impulsar proxectos que axudan a seguir construíndo comarca desde a colaboración e o compromiso co territorio.
Dende Ribeira Sacra Next continuaremos apoiando espazos de diálogo e cooperación que permitan seguir avanzando cara a un rural vivo, competitivo e con futuro.
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades