por
|
|

As nosas empresas asociadas poderán acceder a avais de ata o 100 % do financiamento en condicións preferentes e coa bonificación íntegra dos gastos de estudo.
Dende a Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next seguimos ampliando a nosa rede de colaboracións co obxectivo de ofrecer servizos e vantaxes reais ás nosas empresas asociadas. Neste marco, vimos de asinar un convenio de colaboración con Afigal, Sociedade de Garantía Recíproca, para facilitar o acceso directo das nosas empresas asociadas aos servizos financeiros e ás mellores liñas de financiamento da entidade.
A sinatura tivo lugar en Lugo o 5 de novembro de 2026, e nela participaron o noso presidente, Severino Rodríguez Díaz, e Pilar Núñez Torrón Caballero, vicepresidenta primeira de Afigal.

Ao acto asistiu tamén Iñaki Castiñeira, directivo de AERSN, que acompañou ao noso presidente na sinatura.
Afigal é unha sociedade de garantía recíproca que, dende a súa constitución, colabora co empresariado galego para facilitar o acceso ao financiamento, complementando a garantía individual de cada empresa co respaldo solidario da propia sociedade. A través deste convenio, establecemos un procedemento común para que as solicitudes das nosas empresas asociadas se canalicen dende Ribeira Sacra Next cara a Afigal para o seu estudo.
En canto ás condicións económicas, a comisión de aval sitúase entre o 0,50 % e o 1,50 %, e a aportación ao capital social de Afigal, que é recuperable, oscila entre o 1 % e o 4 % do importe formalizado. Todas as operacións estarán suxeitas ao estudo e aprobación dos órganos de decisión de Afigal.
Ademais dos servizos financeiros, organizaremos xunto con Afigal accións para o fomento do emprendemento e a creación de empresas, así como asesoramento empresarial a proxectos, incluída a axuda ao seu financiamento. Coa sinatura do convenio, Ribeira Sacra Next pasamos tamén a ser socio protector de Afigal.
O convenio terá unha vixencia dun ano, prorrogable automaticamente por períodos anuais.
As empresas asociadas interesadas poden poñerse en contacto connosco. Dende Ribeira Sacra Next actuaremos como intermediarios con Afigal e canalizaremos as solicitudes. Para aplicar a bonificación dos gastos de estudo, Afigal confirmará connosco a condición de asociado da empresa solicitante.
Con esta nova alianza, reforzamos o noso compromiso coa creación de oportunidades para as empresas do territorio e seguimos ampliando a carteira de servizos e vantaxes para as nosas asociadas, contribuíndo a unha Ribeira Sacra máis forte e competitiva.


Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades