RIBEIRASACRA_NEXT
Brindisil, do CPR La Purísima de Ourense, gaña a primeira edición do programa Emprendemento na Escola de Ribeira Sacra Next

por

RS NEXT

|

25/06/2026

|

general

A primeira edición do programa de Emprendemento na Escola, impulsado por Ribeira Sacra Next, culminou hoxe coa presentación final dos proxectos empresariais desenvolvidos ao longo do curso por alumnado de diferentes centros educativos. O proxecto gañador foi Brindisil, elaborado polo alumnado de 4º da ESO do CPR La Purísima de Ourense, unha proposta de bar-vinoteca especializado en viños, cócteles e petiscos, que recibiu o primeiro premio, dotado con 1.500 euros.



O segundo premio, de 1.000 euros, foi para o proxecto Lemos Academy, presentado polo alumnado do IES Torre de Lemos, mentres que o terceiro premio, dotado con 500 euros, recaeu no proxecto Sempre Contigo, desenvolvido polo alumnado do IES Daviña Rei.




Durante a xornada, seis equipos finalistas defenderon os seus proxectos diante dun xurado integrado por representantes da entidade patrocinadora, Textilonia; da Xunta de Galicia, entidade colaboradora da iniciativa, representada por Carmen José, directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración na provincia de Lugo; e por membros da directiva da Asociación de Empresas da Ribeira Sacra.


Esta primeira edición contou coa participación de máis de 80 mozos e mozas emprendedores, procedentes de sete centros educativos: IES Daviña Rei (Monforte de Lemos), IES Torre de Lemos (Monforte de Lemos), CPI Dr. López Suárez (O Saviñao), Colexio Guillelme Brown (O Pereiro de Aguiar), CPR La Purísima (Ourense) e o resto de centros participantes nesta edición.


Ao longo do programa desenvolvéronse 14 proxectos empresariais, dos cales seis chegaron á fase final, presentando hoxe as súas propostas ante o xurado tras meses de traballo, formación e preparación.



Desde a organización quérese trasladar un agradecemento a todo o alumnado participante pola súa enerxía, ilusión, compromiso e dedicación durante todo o curso académico, demostrando unha gran capacidade para transformar ideas en proxectos empresariais viables.


Así mesmo, queremos facer tamén un recoñecemento especial ao alumnado e ao profesorado do Colexio Padres Escolapios de Monforte de Lemos e do IES Val do Asma de Chantada, que formaron parte desta primeira edición do programa e traballaron intensamente ao longo do curso no desenvolvemento dos seus proxectos. O seu esforzo, compromiso e ilusión contribuíron de maneira decisiva ao éxito desta iniciativa e ó excelente traballo realizado por Nova Consultores, cuxo acompañamento e coordinación foron claves para o éxito desta iniciativa.


O programa de Emprendemento na Escola nace co obxectivo de fomentar o espírito emprendedor entre a mocidade, achegándolle ferramentas e coñecementos para desenvolver ideas innovadoras e potenciar o talento no territorio. O éxito desta primeira edición, coa participación de máis de 80 estudantes e o desenvolvemento de 14 proxectos empresariais, consolida unha iniciativa que aspira a seguir medrando nas vindeiras convocatorias.




Novas relacionadas

O Foro de Vivenda Ribeira Sacra 2026 reclama unha estratexia común para mobilizar inmobles baleiros e garantir o futuro do territorio
19/06/2026
O presidente da Asociación de Empresarios da Ribeira Sacra, Severino Rodríguez, foi o encargado de recoller e poñer en común as princi

Ver más ➜

O Foro Vivenda Ribeira Sacra 2026 reunirá referentes institucionais, expertos e profesionais
17/06/2026
O Parador de Turismo de Monforte de Lemos acollerá o vindeiro 19 de xuño de 2026 unha xornada de análise, debate e proposta arredor dun dos grandes desafíos

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal