RIBEIRASACRA_NEXT
Guardabosques en Donelle, un novo proxecto para impulsar o rural da Ribeira Sacra

por

RS NEXT

|

04/09/2026

|

general

Ribeira Sacra Next acompaña á inauguración de *Guardabosques* en Donelle, un novo proxecto para impulsar o rural da Ribeira Sacra


A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next participou este xoves, 3 de setembro, na inauguración de *Guardabosques*, o novo proxecto impulsado por Ecooo Enerxía Cidadá na aldea de Donelle, no concello de Sober.



A posta en marcha deste espazo supón unha nova oportunidade para a dinamización económica, social e ambiental da Ribeira Sacra, recuperando unha aldea e dándolle unha nova vida a través dun proxecto vinculado á formación, á sustentabilidade, á conservación da contorna e á economía social.


Guardabosques nace coa vontade de converter Donelle nun espazo de referencia para a formación ecosocial, a cooperación, o intercambio de coñecemento e o desenvolvemento de iniciativas vinculadas ao medio rural, incorporando tamén actividades relacionadas coa natureza, a cultura e o territorio.


Desde Ribeira Sacra Next valoramos especialmente a implantación na comarca de iniciativas capaces de recuperar patrimonio, atraer persoas, talento e coñecemento, xerar actividade e crear novas oportunidades no rural.


Ademais, Guardabosques forma parte da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next como socio membro, incorporándose a unha rede empresarial e profesional que continúa medrando e sumando proxectos comprometidos co desenvolvemento económico e social da Ribeira Sacra.


Para a Asociación é especialmente positivo contar entre os seus membros cunha iniciativa destas características, xa que abre novas posibilidades de colaboración co tecido empresarial local e de creación de sinerxías con empresas, produtores, profesionais e entidades do territorio.


A chegada de Guardabosques reforza tamén a capacidade da Ribeira Sacra para atraer proxectos innovadores que apostan polo rural como un lugar no que investir, emprender, formarse e desenvolver novos modelos de actividade económica compatibles coa protección da contorna e coa identidade do territorio.


Durante a inauguración, os asistentes puideron coñecer de primeira man o proxecto e o traballo realizado para recuperar Donelle e convertela nun novo espazo de actividade.


Neste sentido, desde Ribeira Sacra Next queremos destacar tamén o labor de José Vicente Barcia, coordinador de Guardabosques ao seu equipo, e a súa aposta por desenvolver na Ribeira Sacra unha iniciativa que entende o medio rural non só como un espazo que conservar, senón tamén como un territorio no que xerar oportunidades, coñecemento, actividade económica e novas formas de colaboración.


Para Ribeira Sacra Next, este tipo de proxectos encaixan plenamente coa necesidade de atraer novas iniciativas á comarca, recuperar espazos en desuso, favorecer a fixación e chegada de poboación e fortalecer o tecido económico local.



A presenza de persoas que participen nas actividades formativas, encontros e iniciativas que se desenvolvan en Donelle pode contribuír, ademais, a xerar novas oportunidades para os negocios e servizos da contorna, favorecendo que o impacto do proxecto se estenda ao conxunto do territorio.


Desde Ribeira Sacra Next queremos felicitar a Ecooo, a Guardabosques, a José Vicente Barcia e a todas as persoas que fixeron posible este proxecto, e celebramos especialmente poder contar con Guardabosques como parte da nosa Asociación.


A chegada de novos proxectos que recuperan patrimonio, xeran actividade, atraen talento e apostan polo territorio é unha excelente noticia para o presente e o futuro da Ribeira Sacra.


Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next impulsa unha nova contratación xuvenil a través do programa TR349Z
26/10/2026
A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next desenvolve unha nova actuación no marco do programa TR349Z, destinada á contratación de persoas mozas insc

Ver más ➜

Marcamos a folla de ruta da segunda edición de «Emprendemento na Escola», que chegará a 11 centros educativos de toda Galicia
21/10/2026
Hoxe, 21 de outubro, celebramos no IES Río Cabe de Monforte de Lemos unha xornada de presentación e coordinación cos centros educativos e as as

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: