RIBEIRASACRA_NEXT
O Foro Vivenda Ribeira Sacra 2026 reunirá referentes institucionais, expertos e profesionais

por

RS NEXT

|

17/06/2026

|

general

O Parador de Turismo de Monforte de Lemos acollerá o vindeiro 19 de xuño de 2026 unha xornada de análise, debate e proposta arredor dun dos grandes desafíos da Ribeira Sacra: o acceso á vivenda e o seu papel como factor clave para o desenvolvemento económico, social e demográfico do territorio.


O Foro Vivenda Ribeira Sacra 2026 converterase nun espazo de encontro entre administracións públicas, representantes políticos, profesionais do urbanismo e da arquitectura, expertos en políticas de vivenda, entidades financeiras, emprendedores e organizacións empresariais co obxectivo de identificar retos e construír solucións compartidas para a Ribeira Sacra.

Ao longo da xornada desenvolveranse cinco mesas de traballo que abordarán a cuestión da vivenda desde diferentes perspectivas: diagnóstico, instrumentos de actuación, gobernanza, acción pública e construción dun pacto territorial.


Mesa 1: Diagnóstico

A primeira mesa ofrecerá unha visión da situación actual da vivenda na Ribeira Sacra e no medio rural galego, analizando os principais obstáculos e oportunidades existentes.

Participarán:

  1. Ramón Álvarez, arquitecto.
  2. Carmen José, directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Lugo.
  3. Juan José López, notario de Sarria.
  4. Jorge Morales, cofundador de Rural Valley.

A moderación estará a cargo de Jaime López, secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo.


Mesa 2: Instrumentos

A segunda sesión centrarase nas ferramentas e mecanismos dispoñibles para facilitar o acceso á vivenda, promover a rehabilitación e atraer novos residentes ao territorio.

Intervirán:

  1. Marián Domínguez, secretaria xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
  2. Luís Antonio Calderón, alcalde de Paredes de Nava (Palencia), municipio recoñecido polas súas iniciativas innovadoras en materia de vivenda e desenvolvemento rural.
  3. Javier Burón, xerente de NASUVINSA e autor do libro El problema de la vivienda.
  4. Juan Carlos Castro, fundador e CEO de Retorna Galicia Capital.

Moderará David Martínez, presidente da Confederación Empresarial de Ourense.


Mesa 3: Gobernanza

Baixo o título Colaboración na Xestión, Deseño e Avaliación Buscando Solucións, esta mesa analizará os modelos de cooperación necesarios para construír políticas eficaces de vivenda.

Participarán:

  1. Pilar Fernández, directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Ourense.
  2. Rosendo Luís Fernández, deputado provincial de Ourense.
  3. Ana Marquina, arquitecta e socia de TERRES (Territorios e Estratexias).

A moderación corresponderá a Luís Fernández, presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.


Mesa 4: Acción pública en materia de vivenda das organizacións políticas

A sesión da tarde abrirase cun debate entre representantes das principais formacións políticas con presenza no Parlamento de Galicia, que presentarán as súas visións e propostas para afrontar o desafío da vivenda.

Participarán:

  1. Katy Varela, deputada do Parlamento de Galicia polo Partido Popular.
  2. Iago Suárez, deputado do Parlamento de Galicia polo Bloque Nacionalista Galego.
  3. Lara Méndez, deputada do Parlamento de Galicia polo PSdeG.

Moderará o encontro Fidel Fernán, director de Cadena SER Monforte.


Mesa 5: Explorando un pacto pola vivenda na Ribeira Sacra

A última mesa da xornada buscará sentar as bases dun espazo estable de colaboración entre administracións, entidades profesionais e axentes económicos para avanzar cara a unha estratexia compartida de vivenda na Ribeira Sacra.

Participarán:

  1. Carmen Figueiras, presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Lugo.
  2. Juan Yáñez, secretario xeral de FEPROGA (Federación de Promotores de Galicia).
  3. Arthur Fornés, letrado asesor de cooperativas e fundacións de vivenda.

A moderación correrá a cargo de Severino Rodríguez, presidente da Asociación Empresas Ribeira Sacra Next.


Un foro para construír futuro

A falta de vivenda dispoñible, as dificultades de acceso para mozos e familias, a necesidade de rehabilitar o parque inmobiliario existente e o reto de atraer e fixar poboación converten a vivenda nun asunto estratéxico para o futuro da Ribeira Sacra.

O Foro Vivenda Ribeira Sacra 2026 nace coa vocación de abrir un espazo de reflexión e traballo colectivo que permita identificar solucións viables, compartir experiencias de éxito e promover a colaboración entre administracións, empresas e sociedade civil.

A iniciativa está impulsada por Ribeira Sacra Next, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), coa colaboración de diversas entidades públicas e privadas comprometidas co desenvolvemento sostible do territorio.


Datos do evento

📅 19 de xuño de 2026

📍 Parador de Turismo de Monforte de Lemos


Novas relacionadas

O alumnado no proxecto de Emprendemento na Escola coñeceu os trámites para poñer en marcha unha empresa
16/06/2026
O alumnado dos catro centros educativos de Monforte de Lemos e O Saviñao que participa na presente edición do proxecto Emprendemento na Escola, promovido pola AE Ribeira Sacra Next coa colaboración d

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next colabora co proxecto Laboratorio Digital Rural+
15/06/2026
Para facilitar oportunidades laborais no territorio.A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next mantivo un encontro co equipo do proxecto.

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal