RIBEIRASACRA_NEXT
O Foro de Emprendemento e Eficiencia Empresarial reúne as empresas da Ribeira Sacra en Chantada e achega claves para o futuro do territorio

por

RS NEXT

|

30/10/2026

|

general

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next celebrou este venres, 30 de outubro, no Auditorio Municipal de Chantada, o Foro sobre Eficiencia Empresarial e Emprendemento Ligado ao Territorio, un encontro para compartir experiencias e analizar os retos e as oportunidades do tecido empresarial da Ribeira Sacra.


Antes de dar comezo ao programa, as persoas asistentes gardaron un minuto de silencio en memoria das vítimas do grave accidente ferroviario ocorrido en Urda (Toledo) o pasado mércores, 28 de outubro, como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas e as súas familias.



A xornada reuniu empresarios, directivos e profesionais arredor de cuestións como a remuda xeracional, a profesionalización das pequenas e medianas empresas, a retención de talento e a atracción de novos investimentos. O encontro contou ca colaboracion de ABANCA a través da Afundación Obra Social ABANCA, do Concello de Chantada, a Asociación de Empresarios de Chantada, o Consello Regulador Ribeira Sacra e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.


O programa desenvolveuse a través de tres mesas de debate que permitiron coñecer distintas experiencias de xestión e reflexionar sobre como reforzar a actividade económica desde o territorio.



Na primeira mesa, dedicada á remuda xeracional nos negocios, participaron Álvaro Fontela Sánchez, CEO e cofundador de Raiola Networks, e Gonzalo López Otero, de Calzados Losal, coa moderación de Roberto Fraga Martínez, CEO de Pilgrim e presidente de Roila Invest. As intervencións abordaron a evolución das formas de dirixir unha empresa, a confianza nos equipos e a importancia de combinar a experiencia acumulada coa innovación, a dixitalización e a formación especializada.



A segunda mesa centrouse no asesoramento e a profesionalización como ferramentas para mellorar a competitividade. Xesús Mazaira Varela, de Airas Moniz, e Manuel López García, director de NEXO, compartiron as súas experiencias nunha conversa moderada por Javier Rodríguez Mosquera, representante da Asociación. A planificación, a delegación e o acompañamento de profesionais especializados destacáronse como elementos necesarios para ordenar o crecemento das empresas e facilitar a toma de decisións.



A terceira mesa abordou a atracción de investimento e o emprendemento ligado ao territorio, coa participación de Amancio López Seijas, presidente do Grupo HOTUSA, e José Manuel Silva Rodríguez, exrepresentante de España no Comité Director do EuroHPC. O debate estivo moderado por Manuel Pérez Álvarez, presidente do Consello Económico e Social de Galicia.



Nesta conversa púxose en valor a identidade e o recoñecemento da Ribeira Sacra como unha fortaleza para atraer proxectos empresariais. Tamén se destacou a oportunidade de ampliar a actividade económica cara a ámbitos como os servizos avanzados e as actividades dixitais, así como o papel das grandes empresas na xeración de oportunidades para os negocios locais.


Ao longo da xornada, as intervencións coincidiron na necesidade de contar con empresas máis preparadas, reforzar a formación e ofrecer condicións laborais que permitan atraer e reter talento. A colaboración entre empresas, profesionais e entidades sinalouse como unha das claves para garantir a continuidade dos negocios e facilitar a posta en marcha de novas iniciativas na Ribeira Sacra.



A clausura correu a cargo de Zaira Dapena, directora territorial de ABANCA en Lugo, e Severino Rodríguez Díaz, presidente da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next.


Desde Ribeira Sacra Next agradecemos a participación das persoas relatoras e asistentes, así como o apoio das entidades que fixeron posible este encontro. Seguimos traballando para conectar empresas, compartir coñecemento e contribuír á creación de oportunidades de emprego e emprendemento no territorio.


Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next impulsa unha nova contratación xuvenil a través do programa TR349Z
26/10/2026
A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next desenvolve unha nova actuación no marco do programa TR349Z, destinada á contratación de persoas mozas insc

Ver más ➜

Marcamos a folla de ruta da segunda edición de «Emprendemento na Escola», que chegará a 11 centros educativos de toda Galicia
21/10/2026
Hoxe, 21 de outubro, celebramos no IES Río Cabe de Monforte de Lemos unha xornada de presentación e coordinación cos centros educativos e as as

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: