RIBEIRASACRA_NEXT
Ribeira Sacra Next asina un convenio con Elisa Fernández para impulsar a educación financeira

por

RS NEXT

|

06/08/2026

|

general

AE Ribeira Sacra Next asinou hoxe un convenio de colaboración con Elisa Fernández, consultora financeira e integrante da Asociación, co obxectivo de ofrecer formación, orientación e acompañamento financeiro ás empresas asociadas e ás persoas que traballan nelas.


Este acordo permitirá poñer en marcha un programa de educación financeira adaptado ás necesidades reais do tecido empresarial da Ribeira Sacra. Entre as actuacións previstas inclúense un ciclo trimestral de charlas gratuítas, a realización de diagnósticos financeiros sen custo nin compromiso e a elaboración de contidos prácticos para os canais de comunicación da Asociación.


As empresas asociadas poderán recibir orientación en cuestións como a retención de talento, a planificación de indemnizacións, o financiamento de maquinaria e investimentos ou a xestión dos excedentes de tesouraría. Pola súa parte, as persoas traballadoras poderán acceder a acompañamento relacionado coa xubilación, o aforro, a vivenda ou a planificación do futuro dos seus fillos e fillas.


O convenio establece tamén unha atención personalizada, revisións periódicas e un compromiso de resposta ás consultas nun prazo máximo de 48 horas laborables. A formación, o diagnóstico e o servizo de consultoría non suporán ningún custo para as empresas asociadas nin para os seus traballadores.


Con esta colaboración, Ribeira Sacra Next continúa ampliando os servizos destinados ás súas empresas asociadas e reforza o seu compromiso cun tecido empresarial máis sólido, informado e preparado para afrontar os retos do futuro.


Na sinatura participaron Severino Rodríguez Díaz, presidente de AE Ribeira Sacra Next e Elisa Fernández, consultora financeira.


Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next e Estudios Rafer selan unha alianza estratéxica para impulsar a formación, o emprego e a competitividade empresarial
30/07/2026
O acordo permitirá desenvolver formación adaptada ás necesidades reais das empresas, facilitar o acceso a programas gratuítos, subvencionados ou bonificables e ref

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next asiste ao O Encontro da Toxa 2026
20/07/2026
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next participou os días 16 e 17 de xullo en O Encontro da Toxa 2026, celebrado baixo o lema

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: