RIBEIRASACRA_NEXT
Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Chantada asinan un convenio para reforzar a colaboración empresarial no territorio

por

RS NEXT

|

07/07/2026

|

general


A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next e a Asociación de Empresarios de Chantada asinaron hoxe, 7 de xullo de 2026, en Chantada, un convenio de colaboración co obxectivo de establecer un marco estable de cooperación entre ambas entidades e impulsar novas actuacións conxuntas en beneficio do tecido empresarial, comercial e social do territorio.


O acordo foi subscrito polo presidente de Ribeira Sacra Next, Severino Rodríguez, e polo presidente da Asociación de Empresarios de Chantada, Iñaki Castiñeira, en representación das dúas organizacións empresariais.



Este convenio nace da vontade compartida de ambas entidades de reforzar o asociacionismo empresarial, mellorar a coordinación entre organizacións do territorio e xerar novas oportunidades para as empresas asociadas. A colaboración entre as dúas asociacións permitirá avanzar na promoción do emprego, na difusión de iniciativas de interese xeral, no apoio mutuo en actividades e proxectos, así como no aproveitamento compartido de recursos.


Un dos principais puntos do acordo é a posta á disposición da Asociación de Empresarios de Chantada da plataforma de emprego de Ribeira Sacra Next, accesible a través de *empleo.ribeirasacranext.gal* Esta ferramenta permitirá facilitar a publicación de ofertas laborais por parte das empresas, mellorar a conexión entre o tecido empresarial e as persoas demandantes de emprego e contribuír á dinamización do mercado laboral da zona.


Ademais, o convenio contempla unha liña de colaboración activa en materia de comunicación e difusión institucional. Deste xeito, ambas entidades poderán dar maior visibilidade ás súas actividades, campañas, eventos estratéxicos e iniciativas de especial relevancia, favorecendo unha maior proxección pública das accións desenvolvidas no territorio.

O acordo tamén recolle a posibilidade de compartir, de maneira puntual e sempre previamente acordada, oficinas, espazos, instalacións, medios materiais e recursos técnicos para o desenvolvemento de reunións, encontros, accións formativas, campañas ou proxectos de interese común.


Outro dos compromisos destacados é que Ribeira Sacra Next promoverá actividades anuais no ámbito territorial do Concello de Chantada, orientadas á dinamización económica, empresarial, comercial, formativa, promocional ou institucional. Estas actividades contarán coa participación e colaboración da Asociación de Empresarios de Chantada, co obxectivo de xerar iniciativas útiles, coordinadas e con impacto positivo para o tecido empresarial local.


Con esta sinatura, Ribeira Sacra Next continúa avanzando na súa estratexia de cooperación territorial, reforzando alianzas con entidades empresariais locais e promovendo unha maior vertebración do tecido económico da Ribeira Sacra.



O convenio terá unha duración inicial dun ano, prorrogable automaticamente por períodos anuais, e establece unha base de traballo conxunto orientada á colaboración leal, á optimización de recursos e á posta en marcha de proxectos compartidos que contribúan ao desenvolvemento económico e social do territorio.

Novas relacionadas

AERSN participou na xornada anual da Asociación de Empresas de Mos na Ribeira Sacra
06/07/2026
O venres 3 de xullo, Ribeira Sacra Next tivo a oportunidade de participar na xornada anual da directiva e do persoal técnico da Asociación

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next participa en Sober nun encontro sobre viticultura de valor e marca territorial
01/07/2026
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next participou o pasado 11 de xuño en Sober no encontro “Viticultura de valor e marca territorial. Ribeira Sacra: co

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal