RIBEIRASACRA_NEXT
Ribeira Sacra Next participa en Sober nun encontro sobre viticultura de valor e marca territorial

por

RS NEXT

|

01/07/2026

|

general

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next participou o pasado 11 de xuño en Sober no encontro “Viticultura de valor e marca territorial. Ribeira Sacra: competir desde a orixe”, unha xornada impulsada polo Círculo de Empresarios de Galicia, dentro do programa Capacita Directivos 2026, co apoio do Igape.


O encontro, celebrado no Áurea Palacio de Sober, reuniu a representantes empresariais, directivos e institucións co obxectivo de reflexionar arredor das oportunidades de crecemento vinculadas ao viño, ao turismo, á identidade territorial e á construción dunha marca propia para a Ribeira Sacra.


A xornada puxo de manifesto como a Ribeira Sacra foi quen de transformar moitas das súas dificultades históricas —a complexidade da súa orografía, o cultivo en ladeiras, a dispersión territorial ou as limitacións propias do rural— nunha auténtica vantaxe competitiva. O territorio converteu a súa singularidade nun valor diferencial, reforzando a súa posición como referente vitivinícola, turístico e paisaxístico de Galicia.



Na apertura do encontro participaron Agustín Riobó, director do Círculo de Empresarios de Galicia; Eladio Otero, subdirector de Competitividade Empresarial do Igape; e Severino Rodríguez, presidente da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next.


Durante a súa intervención, Severino Rodríguez puxo en valor o traballo desenvolvido nos últimos anos para consolidar a proxección da Ribeira Sacra como un territorio con personalidade propia, con capacidade para xerar oportunidades arredor dos seus recursos, das súas empresas e da súa identidade.


O coloquio posterior estivo moderado por Pablo López, director do Foro de Innovación e Tecnoloxía do Círculo de Empresarios de Galicia, e contou coa participación de dous representantes destacados do sector vitivinícola da Ribeira Sacra: Fernando González, fundador de Adegas Algueira, e Pablo Rodríguez, conselleiro delegado de Grupo Aviva e responsable do proxecto Adega Vella.


Desde Ribeira Sacra Next queremos destacar especialmente a presenza destas dúas empresas asociadas, Adegas Algueira e Adega Vella, que representan dous exemplos claros de compromiso co territorio, coa calidade, coa innovación e coa valorización da identidade vitivinícola da Ribeira Sacra.


Durante o encontro abordouse a importancia de apostar por unha viticultura baseada na autenticidade, na paisaxe, nas variedades autóctonas e na capacidade de diferenciarse desde a orixe. Tamén se incidiu no papel do viño como motor de desenvolvemento económico, como elemento de atracción turística e como parte esencial da marca territorial da Ribeira Sacra.


Para a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, este tipo de encontros son fundamentais para seguir conectando empresas, institucións e territorio, xerando espazos de reflexión e colaboración que permitan avanzar cara a un modelo de desenvolvemento sostible, competitivo e ligado á identidade propia da comarca.


A Ribeira Sacra conta cun tecido empresarial con enorme potencial, especialmente en sectores como o vitivinícola, o turístico, o agroalimentario e os servizos vinculados ao territorio. Desde a asociación seguiremos traballando para acompañar ás empresas, reforzar a súa visibilidade e contribuír a que a Ribeira Sacra compita desde aquilo que a fai única: a súa orixe, a súa paisaxe, a súa historia e a calidade do seu produto.

Novas relacionadas

Brindisil, do CPR La Purísima de Ourense, gaña a primeira edición do programa Emprendemento na Escola de Ribeira Sacra Next
25/06/2026
A primeira edición do programa de Emprendemento na Escola, impulsado por Ribeira Sacra Next, culminou hoxe coa present

Ver más ➜

O Foro de Vivenda Ribeira Sacra 2026 reclama unha estratexia común para mobilizar inmobles baleiros e garantir o futuro do territorio
19/06/2026
O presidente da Asociación de Empresarios da Ribeira Sacra, Severino Rodríguez, foi o encargado de recoller e poñer en común as princi

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal