RIBEIRASACRA_NEXT
Ribeira Sacra Next participa na xornada «Amas da Terra by Lucía Freitas»

por

RS NEXT

|

29/09/2026

|

general


A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next estivo presente este martes, 29 de setembro, na xornada «Amas da Terra by Lucía Freitas: talento, territorio e emprendemento feminino», celebrada no Casino Ateneo de Monforte de Lemos.


A actividade foi organizada polo Polo de Emprendemento de Monforte, que vén desenvolvendo un excelente traballo no apoio, acompañamento e impulso de novas iniciativas empresariais e emprendedoras no territorio, e contou coa colaboración da Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next.


En representación da Asociación participou Marisol Borrajo, vicepresidenta de Ribeira Sacra Next e empresaria de Adega Vella, S.L. que interveu nunha das mesas da xornada xunto coa recoñecida cociñeira e empresaria galega Lucía Freitas e outras mulleres emprendedoras e empresarias. O encontro permitiu compartir experiencias, traxectorias profesionais e diferentes visións sobre o emprendemento, o liderado feminino e as oportunidades que ofrece o territorio.



Durante a xornada, Lucía Freitas realizou tamén unha exposición sobre a súa traxectoria profesional e empresarial. Natural de Santiago de Compostela, ao longo da súa carreira desenvolveu unha proposta gastronómica fortemente vinculada ao produto galego, ao territorio e á posta en valor das persoas produtoras. É a responsable de proxectos gastronómicos como A Tafona, distinguido cunha estrela Michelin, e Lume, no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela.


Esta filosofía está tamén presente en Amas da Terra, unha iniciativa que busca poñer en valor o papel das mulleres na gastronomía, na cultura e no desenvolvemento do territorio, xerando espazos nos que compartir experiencias e crear novas redes de colaboración.


A xornada serviu como punto de encontro entre mulleres emprendedoras, empresarias, profesionais e axentes do territorio, favorecendo o intercambio de experiencias, a creación de contactos e a aparición de novas oportunidades de colaboración.



Desde Ribeira Sacra Next valoramos especialmente o traballo que desenvolve o Polo de Emprendemento de Monforte e este tipo de iniciativas, que contribúen a visibilizar o talento feminino, fortalecer o tecido empresarial e emprendedor e xerar novas redes de colaboración, elementos fundamentais para o desenvolvemento económico e social da Ribeira Sacra.


A colaboración da Asociación nesta actividade forma parte do seu compromiso por participar activamente nos espazos e iniciativas que contribúan á dinamización empresarial, á creación de oportunidades e ao desenvolvemento do conxunto do territorio.

Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next impulsa unha nova contratación xuvenil a través do programa TR349Z
26/10/2026
A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next desenvolve unha nova actuación no marco do programa TR349Z, destinada á contratación de persoas mozas insc

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next participa no RMC26 e promove os produtos e recursos do territorio
27/09/2026
A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next participou na novena edición da Raiola Marketing Conference (RMC26), c

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: