por
|
|

A renovación, formalizada en marzo de 2026, permitirá que as compañías integrantes da asociación sigan beneficiándose de condicións especiais en servizos de telecomunicacións. Entre as principais ofertas destacan paquetes de fibra óptica simétrica de 600 MB con liña fixa desde 24 euros ao mes, así como opcións que inclúen liña móbil con datos, ampliables segundo as necesidades de cada empresa.
Segundo a información facilitada pola entidade, o aforro para as empresas pode chegar ata o 40% dependendo do servizo contratado, o que supón un importante incentivo para mellorar a competitividade do tecido empresarial da Ribeira Sacra.
Para acceder a estas condicións, as empresas deberán acreditar a súa pertenza á asociación mediante o correspondente certificado emitido por Ribeira Sacra Next.
Este acordo enmárcase na estratexia da asociación de impulsar o desenvolvemento económico da comarca a través de convenios con entidades que acheguen valor engadido ás empresas socias, contribuíndo así á creación de emprego sostible e ao fortalecemento do territorio.
Pola súa banda, A Túa Xanela continúa consolidándose como operador de referencia en servizos de fibra e telecomunicacións no rural galego, ofrecendo solucións adaptadas tanto a particulares como a empresas.
Con esta renovación, Ribeira Sacra Next reafirma o seu compromiso co apoio ao tecido empresarial local, facilitando ferramentas e servizos que favorezan a súa modernización e crecemento.
Máis info en: https://ribeirasacranext.gal/convenios/RS-CONV-Convenio%20A%20T%C3%BAa%20Xanela
A túa xanela: https://atuaxanela.es/
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades