por
|
|

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Empresarias Galicia organizan unha Xornada de Talento Feminino no Rural. A actividade, con entrada libre e gratuíta, desenvolverase no Castelo de Castro Caldelas o mércores, 14 de xaneiro, en horario de mañá. Inscricións aquí.
Ás 10:00h será a benvida e presentación da Xornada coa intervención da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega Núñez; a presidenta de Empresarias Galicia, Susana Pérez Iglesias e a vicepresidenta de Ribeira Sacra Next, Marisol Borrajo Lorenzo.
Na mesa de debate da Xornada exporán a súa experiencia como mulleres emprendedoras desde e para o rural:
A xornada pretende ser un espazo para dar acollida e representatividade ás voces das mulleres emprendedoras e empresarias en Galicia e, en particular na Ribeira Sacra; incorporando experiencias e perspectivas lideradas por mulleres noutros territorios. A iniciativa para establecer redes de contacto e crear sinerxias de colaboración do talento feminino, completarase cun café networking, pechando a xornada ás 13:00h.

Novas relacionadas
.jpg)
Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades