por
|
|
.jpg)
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de información o Plataforma de Emprego que está poñendo en marcha a través das súa web (ribeirasacranex.gal), programa un foro de emprendemento feminino para xaneiro e segue organizando xornadas informativas para o sector empresarial.
Despois de celebrar en outubro unha xornada informativa sobre o programa de facturación, Verifactu, para empresas e autónomos/as; a seguinte proposta será un taller sobre subvencións para as empresas galegas no ano 2026.
A actividade terá lugar o martes, 16 de decembro, no Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte de Lemos. Desde as 11:00h levarase a cabo por parte de PROX Consultores unha explicación das axudas ás que poderán acceder as empresas galegas para Investimento, Adegas, Rural, Emprendemento, Traballo, Turismo ou Dixitalización. Os técnicos encargados de ofrecer a charla aclararán as dúbidas e preguntas que poidan xurdir e rematará a xornada formativa con sesión de networking entre as persoas asistentes.
A participación neste taller, que se densevolverá en modalidade mixta (presencial e online), é gratuíta e está aberta á participación das empresas e autonómos/as interesados/as, que deben inscribirse antes do 15 de decembro, a través deste enlace.
Xa o martes, 20 de xaneiro, celébrase un novo taller sobre seguros para empresas e autonómo/as. A actividade desenvolverase no Centro do Viño da Ribeira Sacra e tamén gratuíta podendo participar as persoas interesadas presencialmente ou online.
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades