RIBEIRASACRA_NEXT
Xunqueira de Espadanedo acolle unha xornada para impulsar a colaboración empresarial na Ribeira Sacra

por

RS NEXT

|

05/05/2026

|

general

Xunqueira de Espadanedo acolle unha xornada para impulsar a colaboración empresarial na Ribeira Sacra


O vindeiro martes, 12 de maio, o Concello de Xunqueira de Espadanedo será escenario da xornada “Potenciando a colaboración entre empresas e o emprendemento da Ribeira Sacra”, unha iniciativa orientada a reforzar as sinerxías entre o tecido empresarial e fomentar novas oportunidades de negocio no territorio.


A actividade, que se celebrará en horario de 11:00 a 13:00 horas na Praza dos Amigos, está organizada pola Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Baños de Molgas e o propio Concello de Xunqueira de Espadanedo.

A xornada contará cun programa dinámico que combinará presentacións institucionais e de recursos dispoñibles para emprendedores, así como unha parte práctica centrada na colaboración e nas vendas. Ademais, habilitarase un espazo de networking que permitirá ás persoas asistentes establecer contactos e explorar posibles vías de cooperación empresarial.

Entre os contidos previstos inclúense a presentación da Asociación Ribeira Sacra Next, os servizos do Polo de emprendemento e as diferentes liñas de axuda ao emprendemento, co obxectivo de achegar información útil e ferramentas prácticas ás empresas e persoas emprendedoras da contorna.

Esta iniciativa enmárcase nas accións de dinamización económica da Ribeira Sacra, apostando pola cooperación como elemento clave para o desenvolvemento sostible e a competitividade do territorio.


As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través da seguinte ligazón:

https://polosemprendemento.gal/calendar/potenciando-a-colaboracion-entre-empresas-e-o-emprendemento-da-ribeira-sacra


Desde a organización anímase a empresas, autónomos e persoas emprendedoras a participar neste encontro, que busca crear un espazo de diálogo, aprendizaxe e xeración de oportunidades no ámbito local.

Novas relacionadas

Dende Ribeira Sacra Next seguimos facendo rede con ULTREIA
10/08/2026
A entidade dende principios do 2026 forma parte da iniciativa impulsada ao abeiro de Ultreia Galicia, que busca conectar os diferentes axentes do ecosistema emprendedor e favorecer novas op

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next asina un convenio con Elisa Fernández para impulsar a educación financeira
06/08/2026
AE Ribeira Sacra Next asinou hoxe un convenio de colaboración con Elisa Fernández, consultora financeira e integrante da Asociación.

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: