RIBEIRASACRA_NEXT
FORO DO EMPRENDEMENTO E EFICACIA EMPRESARIAL

por

RS NEXT

|

19/10/2026

|

general

A Ribeira Sacra reúne en Chantada a empresarios e expertos para abordar os retos da competitividade, o relevo xeracional e a atracción de investimento


A Asociación Empresas Ribeira Sacra Next organiza o vindeiro venres, 30 de outubro de 2026, no Auditorio Municipal de Chantada, o Foro sobre Eficiencia Empresarial e Emprendemento Ligado ao Territorio, unha xornada que se desenvolverá entre as 9:30 e as 14:30 horas e que reunirá empresarios, directivos e expertos para analizar algúns dos principais retos e oportunidades do tecido empresarial da Ribeira Sacra.


O encontro está organizado pola Asociación Empresas Ribeira Sacra Next, conta co patrocinio da Fundación ABANCA e coa colaboración do Concello de Chantada, a Asociación de Empresarios de Chantada, o Consello Regulador Ribeira Sacra e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.


A xornada pretende crear un espazo de reflexión e intercambio de experiencias arredor da dirección empresarial, o relevo xeracional, a profesionalización das pemes, a mellora da competitividade e a capacidade da Ribeira Sacra para atraer novos proxectos e investimentos. O programa estrutúrase en tres mesas de debate nas que participarán representantes de empresas e entidades con experiencia nestes ámbitos.  


Programa da xornada


9:30 – 9:45 h | Inauguración. Apertura a cargo de Manuel Lorenzo Varela Rodríguez o alcalde de Chantada e dun representante da Fundación ABANCA.


9:45 – 10:30 h | Mesa 1. “Dúas xeracións, dúas formas de dirixir unha empresa. Remuda xeracional nos negocios”. A mesa abordará os cambios experimentados na dirección das empresas, o liderado, a relación cos equipos, a dixitalización, o absentismo, a retención do talento e o relevo xeracional. O obxectivo será poñer en común a experiencia e os valores das empresas tradicionais coas novas formas de organización e xestión. Participarán Álvaro Fontela Sánchez, CEO e cofundador de Raiola Networks, e Gonzalo López Otero, de Calzados Losal. Moderará Roberto Fraga Martínez, CEO de Pilgrin e presidente de Roila Invest.


10:30 – 12:00 h | Mesa 2. “Servizos avanzados de asesoramento, competitividade local e profesionalización para medrar”. Presentaranse experiencias sobre como o asesoramento estratéxico pode contribuír a que as pemes melloren a súa organización, os seus procesos, a rendibilidade e a capacidade de crecemento sen perder a súa identidade. Tamén se abordará o paso da tradición á excelencia operativa, a identificación de gargantas de botella na xestión, a optimización de recursos e a elaboración dunha folla de ruta que permita ás pemes rurais avanzar na súa profesionalización. Participarán Xesús Mazaira Varela, de Airas Moniz, e Manuel López García, socio director de NEXO. Moderará Javier Rodríguez Mosquera, representante de AERSN.


12:00 – 12:30 h | Descanso.


12:30 – 14:00 h | Mesa 3. “Atracción de investimento. Territorio de oportunidades: emprendemento ligado ao territorio”. Esta mesa centrarase nas posibilidades do medio rural para acoller sedes ou centros operativos de grandes referentes empresariais. Analizarase o caso de éxito de HOTUSA, a súa implantación e impacto socioeconómico, así como os incentivos e vantaxes competitivas de instalarse na Ribeira Sacra. Tamén se abordará o efecto tractor que poden exercer as grandes corporacións sobre o comercio e os servizos locais e o papel da colaboración público-privada para facilitar a chegada de novos investimentos. Participarán Amancio López Seijas, presidente do Grupo HOTUSA, e José Manuel Silva Rodríguez (Cuqui Silva), exrepresentante de España no Comité Director do Euro HPC. Moderará Manuel Pérez Álvarez, presidente do Consello Económico e Social de Galicia.


14:00 – 14:15 h | Clausura. O peche da xornada correrá a cargo dun representante da Fundación ABANCA e de Severino Rodríguez Díaz, presidente da Asociación Empresas Ribeira Sacra Next.


Con esta iniciativa, a Asociación Empresas Ribeira Sacra Next busca favorecer o intercambio de coñecemento e experiencias entre empresas e profesionais, poñendo o foco en cuestións determinantes para o desenvolvemento empresarial do territorio: a continuidade das empresas familiares, a mellora da xestión, a profesionalización, a competitividade e a capacidade da Ribeira Sacra para captar novos investimentos e proxectos empresariais.


Para inscribirse no foro, pode facelo a través da seguinte ligazón


📅 Data: venres, 30 de outubro de 2026

🕘 Horario: 9:30 – 14:30 h

📍 Lugar: Auditorio Municipal de Chantada


Organiza: Asociación Empresas Ribeira Sacra Next

Patrocina: Fundación ABANCA

Colaboran: Concello de Chantada, Asociación de Empresarios de Chantada, Consello Regulador Ribeira Sacra e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.


Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next impulsa unha nova contratación xuvenil a través do programa TR349Z
26/10/2026
A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next desenvolve unha nova actuación no marco do programa TR349Z, destinada á contratación de persoas mozas insc

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next participa na xornada «Amas da Terra by Lucía Freitas»
29/09/2026
A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next estivo presente este martes, 29 de setembro, na xornada «Amas da Terra by Lucía Freitas: talento

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: