Convenios

O Concello de Nogueira de Ramuín e a Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next formalizaron un convenio de colaboración co obxectivo de impulsar o desenvolvemento económico, turístico e empresarial da Ribeira Sacra.
A través deste acordo, o Concello apoia as actividades e accións promovidas pola asociación, contribuíndo ao fortalecemento do tecido empresarial, á promoción do territorio e á dinamización da actividade económica e turística da comarca.
Este convenio reforza o compromiso entre ambas entidades para seguir traballando de maneira conxunta na promoción da Ribeira Sacra como destino de referencia e no apoio ás iniciativas que beneficien ao conxunto do territorio.
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades