RIBEIRASACRA_NEXT
Marcamos a folla de ruta da segunda edición de «Emprendemento na Escola», que chegará a 11 centros educativos de toda Galicia

por

RS NEXT

|

21/10/2026

|

general


Hoxe, 21 de outubro, celebramos no IES Río Cabe de Monforte de Lemos unha xornada de presentación e coordinación cos centros educativos e as asociacións empresariais participantes para organizar a segunda edición do programa «Emprendemento na Escola».


O encontro contou coa presenza de Carmen José López, directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, quen participou na presentación oficial desta nova edición do programa, financiado pola Xunta de Galicia.


A xornada desenvolveuse de maneira presencial e telemática, contando coa participación de representantes dos centros educativos implicados e das asociacións empresariais de Mos, As Pontes e O Pereiro de Aguiar, que colaborarán connosco no desenvolvemento desta iniciativa nas catro provincias galegas.



Durante a xuntanza tivemos a oportunidade de compartir propostas, establecer as principais liñas de actuación e marcar unha folla de ruta común para organizar as diferentes actividades que se desenvolverán ao longo do curso académico 2026-2027.


Afrontamos esta segunda edición con especial ilusión tras o éxito acadado o pasado curso, no que participaron máis de 80 alumnos e alumnas de sete centros educativos e se desenvolveron 14 proxectos empresariais. Unha experiencia moi positiva que nos permitiu comprobar de primeira man a creatividade, o talento e, sobre todo, as ganas da mocidade de aprender, experimentar e converter as súas ideas en iniciativas reais.


Precisamente, un dos aspectos que máis nos motiva a continuar con este programa é o entusiasmo que amosou o alumnado na primeira edición. Os mozos e mozas demostraron que, cando se lles ofrece a oportunidade de crear, decidir e desenvolver as súas propias ideas, son capaces de sorprendernos con propostas innovadoras, compromiso e unha enorme capacidade de iniciativa.



Nesta nova edición damos un paso máis, ampliando o programa a 11 centros educativos das catro provincias galegas, co obxectivo de seguir achegando o mundo empresarial ás aulas e fomentar o espírito emprendedor desde idades temperás.


Ao longo dos próximos meses traballaremos conxuntamente co profesorado, as asociacións empresariais e as empresas colaboradoras para ofrecer ao alumnado unha experiencia práctica e enriquecedora, na que poderá coñecer o funcionamento dunha empresa, desenvolver os seus propios proxectos e descubrir as oportunidades que ofrece o emprendemento.


Esta iniciativa permítenos seguir fortalecendo os vínculos entre o ámbito educativo e o tecido empresarial, apostando pola colaboración como ferramenta para impulsar o talento e xerar novas oportunidades no territorio.


Queremos agradecer a Carmen José López a súa presenza e o apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa, así como a implicación e a boa disposición de todos os centros educativos e entidades participantes nesta primeira reunión de traballo.


Comezamos esta segunda edición con moitas ganas, novos retos e a ilusión de seguir construíndo un proxecto que medra grazas ao compromiso de todas as persoas implicadas.


Porque estamos convencidos de que o talento está nas aulas, as ideas non teñen idade e os emprendedores e emprendedoras do futuro poden estar hoxe sentados nun pupitre.


Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next impulsa unha nova contratación xuvenil a través do programa TR349Z
26/10/2026
A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next desenvolve unha nova actuación no marco do programa TR349Z, destinada á contratación de persoas mozas insc

Ver más ➜

FORO DO EMPRENDEMENTO E EFICACIA EMPRESARIAL
19/10/2026
A Ribeira Sacra reúne en Chantada a empresarios e expertos para abordar os retos da competitividade, o relevo xeracional e a atracción de investimento<

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: