por
|
|

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next participou este xoves, 17 de setembro, no encontro “Novas Ruralidades”, celebrado no IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos, unha xornada centrada na realidade da mocidade rural e nas súas perspectivas de futuro.
O encontro foi promovido por Acción contra el Hambre Galicia e Atoupa Cooperativa, no marco do proxecto “Comunidades de Dinamización e Emprego Inclusivo: Novas Ruralidades”, desenvolvido en colaboración coa Fundación ”la Caixa”. Este programa busca impulsar oportunidades de desenvolvemento persoal, profesional e comunitario no medio rural, favorecendo tamén o emprego, o emprendemento e a creación de redes de colaboración.

Durante a xornada presentáronse os resultados do estudo sobre a intención migratoria da mocidade do sur da provincia de Lugo, unha iniciativa que busca coñecer de primeira man as preocupacións, expectativas e plans de futuro das persoas novas que viven no territorio.
O encontro permitiu contrastar os resultados coa propia mocidade e poñelos en común coa experiencia de profesionais, asociacións e entidades que traballan con este colectivo, xerando un espazo de reflexión arredor das oportunidades e dificultades que afrontan as novas xeracións á hora de desenvolver o seu proxecto vital no rural.
Desde a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next consideramos fundamental participar neste tipo de iniciativas, xa que a retención e atracción de talento, a creación de emprego e a xeración de oportunidades profesionais son elementos imprescindibles para garantir o futuro económico e social da Ribeira Sacra.

Neste sentido, contar cun tecido empresarial forte, dinámico e conectado coa mocidade resulta esencial para facilitar que as novas xeracións poidan atopar oportunidades laborais no territorio e contemplar a Ribeira Sacra como un lugar no que vivir, traballar e desenvolver os seus proxectos.
A xornada permitiunos seguir escoitando á mocidade, coñecendo as súas inquietudes e compartindo experiencias con outras entidades do territorio, avanzando na procura de solucións conxuntas que contribúan a construír unha Ribeira Sacra con máis oportunidades e con futuro.
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades