por
|
|

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, que busca unir demandas e solucións no tecido empresarial da Ribeira Sacra nas provincias de Lugo e Ourense, comeza o seu camiño nos inicios do 2023, desde ese ano un Consello de Administración provisional encargouse da posta en marcha da Asociación e sentar as bases para o seu desenvolmento.
Este verán a Asociación daba un paso fundamental coa contratación dunha Xerencia, unha necesidade prioritaria para a súa operatividade. Buscábase un perfil moi completo e versátil para facerse cargo dun colectivo que implica a sectores moi variados. Ao tempo, a xerencia tiña que ter un coñecemento do territorio e compartir a ilusión por este proxecto que segue materializándose. Dun proceso de selección que levou varios meses, escolleuse a David Diéguez de 34 anos, natural de Lugo. O novo xerente conta cunha interesante experiencia na xestión empresarial e na banca, ademais de dinamizar e promover asociacións de diversos sectores.
Agora chega o momento de dar outro paso fundamental e en Xunta Extraordinaria decidíase convocar eleccións para elexir a Xunta Directiva da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next.
Do 1 ao 5 de setembro ábrese o prazo para presentar as candidaturas, do 16 ao 25 de setembro farase campaña de difusión das candidaturas a través dos medios da asociación. Finalmente o 26 de setembro celebrarase a xornada de votación presencial, que terá lugar no Casino Ateneo de Monforte en horario de 9:00h a 21:00h
A elección da nova Xunta Directiva realizarase mediante o sistema de candidaturas por lista ou equipo completo. Cada lista deberá presentar, de forma conxunta e nun único envío, a todos os membros propostos para ocupar os seguintes cargos:
Para poder participar, as listas deberán estar compostas unicamente por socios/as activos/as_(ao día coas súas obrigas), incluíndo cada lista, como mínimo, os cargos obrigatorios e os vogais que se desexe. Poderán participar no proceso os asociados censados a data 31/08/25.
O envío das candidaturas debe de facerse por correo electrónico a comunicacion@ribeirasacranext.gal entre o 1 e o 15 de setembro. Cada lista deberá incluír:
Dende o 16 de setembro ata o 25 de setembro, a Asociación publicará as listas completas que foron admitidas. Cada lista poderá difundir as súas ideas a través dos medios permitidos pola Asociación: sitio web, boletíns, correo e redes sociais.
O 26 de setembro, os socios/as votarán por unha única lista completa. O reconto realizarase tras o peche da urna, e os resultados comunicaranse nas horas posteriores, asinados pola mesa electoral. Con todo, o proceso farase conforme aos principios de transparencia, participación e legalidade. Espérase a maior implicación dos asociados para conseguir unha Xunta Directiva comprometida con seguir avanzando.
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades