RIBEIRASACRA_NEXT
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next na ruta cara o futuro de Galicia

por

AIE-RSNext

|

01/10/2025

|

general

O Parador de Turismo de Monforte acolleu este mércores, 1 de outubro, un encontro empresarial baixo o título, “Innovación con raíces. Emprendemento que transforma o rural". Medio cento de empresas da Ribeira Sacra déronse cita nunha nova actividade promovida pola Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next coa colaboración do IGAPE e do Círculo de Empresarios de Galicia.


Na benvida institucional, Emilio Rial, director xeral de Coren en representación do Círculo de Empresarios de Galicia, referiuse á necesidade de saír ao territorio e escoitar as demandas do sector empresarial, “vincular o local e o global para atender a toda a diversidade empresarial. Benvidos a esta ruta cara o futuro de Galicia”.


Pola súa banda a directora xeral do Igape, Covadonga Toca, falou da Ribeira Sacra como espazo de tradición, historia e innovación e falou da importancia da colaboración púbico-privada, “o obxectivo de encontros como este é escoitar ás empresas para entre todos poder cambiar as cousas”.


Severino Rodríguez, estreábase neste acto como novo presidente da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e agradecía a xenerosidade e o traballo feito ata agora ao frente da Asociación por Manuel Dacosta. Rodríguez fixo un chamamento á cooperación e á innovación, “cremos neste territorio, sabemos da boa vontade das empresas por colaborar e cooperar. Vaiamos por ese camiño e busquemos a innovación, non só tecnolóxica, senón innovación nos modelos de xestión e nos modelos de relación”.


Despois da benvida institucional continuaría o almorzo de traballo no que interviron Xesús Mazaira, socio fundador da queixaría Airas Moniz, e Iñaki Castiñeira, Fundador de A Tua Xanela, operador de fibra e telefonía. Ambos os dous abordaron os retos e oportunidades de emprender no ámbito rural, mostrando como a innovación e a colaboración poden impulsar proxectos con impacto económico e social.


Novas relacionadas

Convenio de colaboración entre o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next
09/10/2025
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next segue asinando convenios que favorezan ás empresas asociadas e os obxectivos da Asociación.

Ver más ➜

Traballo colectivo da Asociación Ribeira Sacra Next para a súa posta en marcha, atendendo ás necesidades reais das empresas asociadas
22/05/2025
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next prepara neste mes de maio a súa posta en funcionamento, definindo entre todas as empresas asociadas, as primeiras accións a desenvolver.

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal