RIBEIRASACRA_NEXT
Fomentando a tansmisión de negocios (Axudas Remuda)

por

AIE-RSNext

|

17/03/2026

|

general

O martes, 24 de marzo, de 18:00h a 19:15h, encontro para coñecer as oportunidades que ofrecen o Bono para a Remuda Xeracional e as axudas para a Rehabilitación de Vivendas no Rural, claves para emprender e asentarse no territorio.

Actividade organizada pola Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e o Polo de Emprendemento de Monforte. Este encontro infomativo levarase a cabo na Sala Multiusos da Oficina do Polo de Monforte. R/ San Pedro, 1, Monforte de Lemos


Queres emprender no rural ou coller o relevo dun negocio xa en marcha? Esta información interésache!


Moitas persoas con ganas de emprender descoñecen unha oportunidade clave: o Bono para a Remuda Xeracional, unha axuda pensada para facilitar que negocios viables continúen e pasen a novas mans. Grazas a este apoio, é posible iniciar un proxecto empresarial partindo dunha actividade xa consolidada.


Ao mesmo tempo, un dos grandes retos no rural é atopar vivenda para persoas emprendedoras e traballadores. Por iso, tamén se presentarán as Axudas para a Rehabilitación de Vivendas no Rural, unha oportunidade para recuperar inmobles e crear novas opcións de aluguer.


Nesta actividade formativa participativa daranse a coñecer:


  1. Os detalles e vantaxes do Bono para a Remuda Xeracional.
  2. As subvencións para rehabilitar vivendas no rural.
  3. Oportunidades reais para emprender, vivir e traballar no territorio.


Un espazo pensado para informar, resolver dúbidas e conectar oportunidades para o futuro do noso rural.


Inscríbete e descobre como estas axudas poden axudarche a dar o paso.


Programa

18:00 h - Recepción de asistentes e benvida.

18:10 h -  Presentación do Polo de emprendemento e da actividade

18:20 h - Descrición e pormenores do Bono Remuda Xeracional e da axuda para rehabilitación de vivendas no rural

19:00 h - Quenda de preguntas

19:15 h - Nekworking - Petisco

Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next agradece a participación na xornada empresarial celebrada en Xunqueira de Espadanedo
12/05/2026
A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next quere expresar o seu agradecemento a todas as persoas asistentes á xornada “Potenciando a colaboración entre em

Ver más ➜

A Ribeira Sacra e o rural galego, protagonistas en O Encontro Sober 2026
09/05/2026
A Ribeira Sacra e o rural galego, protagonistas en O Encontro Sober 2026Os pasados días 6, 7 e 8 de maio, Sober converteuse nun dos grandes punt

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Lunes a viernes: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal