por
|
|

O martes, 24 de marzo, de 18:00h a 19:15h, encontro para coñecer as oportunidades que ofrecen o Bono para a Remuda Xeracional e as axudas para a Rehabilitación de Vivendas no Rural, claves para emprender e asentarse no territorio.
Actividade organizada pola Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e o Polo de Emprendemento de Monforte. Este encontro infomativo levarase a cabo na Sala Multiusos da Oficina do Polo de Monforte. R/ San Pedro, 1, Monforte de Lemos
Queres emprender no rural ou coller o relevo dun negocio xa en marcha? Esta información interésache!
Moitas persoas con ganas de emprender descoñecen unha oportunidade clave: o Bono para a Remuda Xeracional, unha axuda pensada para facilitar que negocios viables continúen e pasen a novas mans. Grazas a este apoio, é posible iniciar un proxecto empresarial partindo dunha actividade xa consolidada.
Ao mesmo tempo, un dos grandes retos no rural é atopar vivenda para persoas emprendedoras e traballadores. Por iso, tamén se presentarán as Axudas para a Rehabilitación de Vivendas no Rural, unha oportunidade para recuperar inmobles e crear novas opcións de aluguer.
Nesta actividade formativa participativa daranse a coñecer:
Un espazo pensado para informar, resolver dúbidas e conectar oportunidades para o futuro do noso rural.
Inscríbete e descobre como estas axudas poden axudarche a dar o paso.
Programa
18:00 h - Recepción de asistentes e benvida.
18:10 h - Presentación do Polo de emprendemento e da actividade
18:20 h - Descrición e pormenores do Bono Remuda Xeracional e da axuda para rehabilitación de vivendas no rural
19:00 h - Quenda de preguntas
19:15 h - Nekworking - Petisco
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades