por
|
|

O encontro, organizado pola Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, o Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Baños de Molgas e o Concello de Xunqueira de Espadanedo, tiña como obxectivo reforzar as sinerxías entre empresas, persoas autónomas e emprendedoras da contorna, así como promover novas oportunidades de colaboración no territorio. A xornada celebrouse no propio Concello e contou cun programa centrado na presentación de recursos, ferramentas de apoio ao emprendemento, colaboración empresarial, vendas e networking.
Dende Ribeira Sacra Next queremos agradecer especialmente ao Concello de Xunqueira de Espadanedo a súa acollida e colaboración, así como ao Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Baños de Molgas e Adecco o seu impulso e participación activa nesta iniciativa tan necesaria para o tecido empresarial da Ribeira Sacra.

A xornada resultou especialmente fructífera, permitindo compartir ideas, experiencias e reflexións arredor dos retos e oportunidades que afrontan as empresas do territorio. Ademais, o espazo de networking facilitou o contacto entre as persoas asistentes e abriu novas vías de cooperación empresarial.
Este tipo de encontros son fundamentais para avanzar cara a unha Ribeira Sacra máis dinámica, conectada e competitiva, na que a colaboración entre entidades, administracións, empresas e persoas emprendedoras sexa unha ferramenta clave para o desenvolvemento sostible do territorio.
Dende a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next seguiremos traballando para impulsar iniciativas que favorezan a cooperación, o emprendemento e a creación de oportunidades na Ribeira Sacra.
Grazas a todas as persoas e entidades que fixeron posible esta xornada. Seguimos sumando sinerxías pola Ribeira Sacra.
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades