RIBEIRASACRA_NEXT
O alumnado no proxecto de Emprendemento na Escola coñeceu os trámites para poñer en marcha unha empresa

por

RS NEXT

|

16/06/2026

|

general

O alumnado dos centros educativos Daviña Rey e Torre de Lemos, de Monforte de Lemos, e López Suárez, do Saviñao, que participa na presente edición do proxecto Emprendemento na Escola, promovido pola AE Ribeira Sacra Next coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe, martes 16 de xuño, unha serie de visitas formativas a unha xestoría, unha entidade bancaria e unha notaría en Monforte de Lemos e Sarria.


Esta actividade tivo como obxectivo achegar ao alumnado unha visión práctica e real dos pasos necesarios para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, completando así o traballo desenvolvido durante o curso arredor dos seus propios proxectos emprendedores.


Durante a visita á xestoría, os rapaces e rapazas coñeceron os trámites necesarios para dar de alta unha empresa perante a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a efectos fiscais, así como ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social, no caso de darse de alta como entidade empregadora para poder contratar persoas traballadoras e realizar o pagamento das cotas correspondentes aos seguros sociais.



Na entidade financeira, o alumnado recibiu información sobre os principais instrumentos financeiros que teñen ao seu dispor as empresas e as persoas traballadoras autónomas para obter financiamento. Tamén se lles explicaron diferentes fórmulas de arrendamento financeiro e ferramentas para a xestión de cobros e pagamentos.



Por último, na visita á notaría, coñeceron os trámites requiridos para a formalización dos estatutos, a elevación a público dos acordos da sociedade e outros procedementos que as empresas ou persoas traballadoras autónomas deben realizar perante unha persoa fedataria.


Con estas visitas, o proxecto Emprendemento na Escola reforzou a dimensión práctica da formación emprendedora, ofrecendo ao alumnado unha visión máis completa dos procesos administrativos, financeiros e legais que implica a creación dunha empresa. A iniciativa busca contribuír a que os mozos e mozas poidan valorar o emprendemento como unha posible vía de desenvolvemento profesional no futuro.

Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next participa en Vigo no encontro final de «Geografía Empresarial» do Círculo de Empresarios de Galicia
09/11/2026
O noso secretario, Héctor Silva, levou a voz das empresas da Ribeira Sacra á conversa «Catro territorios. Unha conversa sobre G

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next firma un convenio con Afigal
06/11/2026
Ribeira Sacra Next e Afigal asinamos un convenio de colaboración para facilitar o acceso ao financiamento das nosas empresas asociadasAs nosas empr

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: