por
|
|

O Parador de Turismo de Monforte de Lemos acollerá o vindeiro 19 de xuño de 2026 unha xornada de análise, debate e proposta arredor dun dos grandes desafíos da Ribeira Sacra: o acceso á vivenda e o seu papel como factor clave para o desenvolvemento económico, social e demográfico do territorio.
O Foro Vivenda Ribeira Sacra 2026 converterase nun espazo de encontro entre administracións públicas, representantes políticos, profesionais do urbanismo e da arquitectura, expertos en políticas de vivenda, entidades financeiras, emprendedores e organizacións empresariais co obxectivo de identificar retos e construír solucións compartidas para a Ribeira Sacra.
Ao longo da xornada desenvolveranse cinco mesas de traballo que abordarán a cuestión da vivenda desde diferentes perspectivas: diagnóstico, instrumentos de actuación, gobernanza, acción pública e construción dun pacto territorial.
A primeira mesa ofrecerá unha visión da situación actual da vivenda na Ribeira Sacra e no medio rural galego, analizando os principais obstáculos e oportunidades existentes.
Participarán:
A moderación estará a cargo de Jaime López, secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo.
A segunda sesión centrarase nas ferramentas e mecanismos dispoñibles para facilitar o acceso á vivenda, promover a rehabilitación e atraer novos residentes ao territorio.
Intervirán:
Moderará David Martínez, presidente da Confederación Empresarial de Ourense.
Baixo o título Colaboración na Xestión, Deseño e Avaliación Buscando Solucións, esta mesa analizará os modelos de cooperación necesarios para construír políticas eficaces de vivenda.
Participarán:
A moderación corresponderá a Luís Fernández, presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.
A sesión da tarde abrirase cun debate entre representantes das principais formacións políticas con presenza no Parlamento de Galicia, que presentarán as súas visións e propostas para afrontar o desafío da vivenda.
Participarán:
Moderará o encontro Fidel Fernán, director de Cadena SER Monforte.
A última mesa da xornada buscará sentar as bases dun espazo estable de colaboración entre administracións, entidades profesionais e axentes económicos para avanzar cara a unha estratexia compartida de vivenda na Ribeira Sacra.
Participarán:
A moderación correrá a cargo de Severino Rodríguez, presidente da Asociación Empresas Ribeira Sacra Next.
A falta de vivenda dispoñible, as dificultades de acceso para mozos e familias, a necesidade de rehabilitar o parque inmobiliario existente e o reto de atraer e fixar poboación converten a vivenda nun asunto estratéxico para o futuro da Ribeira Sacra.
O Foro Vivenda Ribeira Sacra 2026 nace coa vocación de abrir un espazo de reflexión e traballo colectivo que permita identificar solucións viables, compartir experiencias de éxito e promover a colaboración entre administracións, empresas e sociedade civil.
A iniciativa está impulsada por Ribeira Sacra Next, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), coa colaboración de diversas entidades públicas e privadas comprometidas co desenvolvemento sostible do territorio.
📅 19 de xuño de 2026
📍 Parador de Turismo de Monforte de Lemos
Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades