RIBEIRASACRA_NEXT
Participamos no encontro de networking de BNI para seguir tecendo rede entre as empresas do territorio

por

RS NEXT

|

20/11/2026

|

general

Asistimos a unha xornada que reuniu empresas e profesionais da zona para coñecerse, compartir experiencias e descubrir o funcionamento de BNI, unha das redes de networking empresarial máis estendidas do mundo.


O encontro reuniu empresarios, autónomos e profesionais de diferentes sectores da zona nun formato pensado para facilitar o coñecemento mutuo e a creación de novas relacións comerciais. Ao longo da xornada, as persoas asistentes tiveron ocasión de presentar a súa actividade, intercambiar contactos e identificar posibles vías de colaboración entre empresas.



Que é BNI?


BNI (Business Network International) é unha organización internacional de networking baseada na recomendación entre profesionais. Funciona a través de grupos locais, que se reúnen de forma periódica e nos que só participa un profesional por cada sector de actividade, de xeito que os seus membros non compiten entre si e poden recomendarse mutuamente ante clientes e contactos.


Durante o encontro, os responsables de BNI explicaron a metodoloxía da organización, a dinámica das súas reunións e as vantaxes que este modelo de colaboración pode achegar ás empresas que buscan ampliar a súa rede de contactos e xerar novas oportunidades de negocio.



Para nós, estes encontros son unha ocasión para dar a coñecer o tecido empresarial da Ribeira Sacra e establecer contactos con empresas e profesionais doutros sectores e territorios. O networking é unha ferramenta clave para xerar novas colaboracións, e nestes espazos traballamos para que as nosas empresas asociadas formen parte desas oportunidades.



Dende Ribeira Sacra Next seguiremos apostando pola colaboración e pola creación de rede empresarial como base para unha Ribeira Sacra máis conectada, forte e competitiva.





Novas relacionadas

Participamos en Lugo na terceira xornada do programa Polígonos 360º da FEGAPE
20/11/2026
Asistimos á sesión dun programa formativo que achega novos coñecementos e ferramentas para a xestión, a modernización e o dese

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next participa en Vigo no encontro final de «Geografía Empresarial» do Círculo de Empresarios de Galicia
09/11/2026
O noso secretario, Héctor Silva, levou a voz das empresas da Ribeira Sacra á conversa «Catro territorios. Unha conversa sobre G

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: