por
|
|

O encontro reuniu empresarios, autónomos e profesionais de diferentes sectores da zona nun formato pensado para facilitar o coñecemento mutuo e a creación de novas relacións comerciais. Ao longo da xornada, as persoas asistentes tiveron ocasión de presentar a súa actividade, intercambiar contactos e identificar posibles vías de colaboración entre empresas.

BNI (Business Network International) é unha organización internacional de networking baseada na recomendación entre profesionais. Funciona a través de grupos locais, que se reúnen de forma periódica e nos que só participa un profesional por cada sector de actividade, de xeito que os seus membros non compiten entre si e poden recomendarse mutuamente ante clientes e contactos.
Durante o encontro, os responsables de BNI explicaron a metodoloxía da organización, a dinámica das súas reunións e as vantaxes que este modelo de colaboración pode achegar ás empresas que buscan ampliar a súa rede de contactos e xerar novas oportunidades de negocio.

Para nós, estes encontros son unha ocasión para dar a coñecer o tecido empresarial da Ribeira Sacra e establecer contactos con empresas e profesionais doutros sectores e territorios. O networking é unha ferramenta clave para xerar novas colaboracións, e nestes espazos traballamos para que as nosas empresas asociadas formen parte desas oportunidades.

Dende Ribeira Sacra Next seguiremos apostando pola colaboración e pola creación de rede empresarial como base para unha Ribeira Sacra máis conectada, forte e competitiva.

Novas relacionadas

Ver más ➜

Ver más ➜
Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra
Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.
Faite socio
Newsletter RSNext
Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades