RIBEIRASACRA_NEXT
Ribeira Sacra Next agradece a participación na xornada empresarial celebrada en Xunqueira de Espadanedo

por

RS NEXT

|

12/05/2026

|

general

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next quere expresar o seu agradecemento a todas as persoas asistentes á xornada “Potenciando a colaboración entre empresas e o emprendemento da Ribeira Sacra”, celebrada este martes, 12 de maio, no Concello de Xunqueira de Espadanedo.


O encontro, organizado pola Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, o Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Baños de Molgas e o Concello de Xunqueira de Espadanedo, tiña como obxectivo reforzar as sinerxías entre empresas, persoas autónomas e emprendedoras da contorna, así como promover novas oportunidades de colaboración no territorio. A xornada celebrouse no propio Concello e contou cun programa centrado na presentación de recursos, ferramentas de apoio ao emprendemento, colaboración empresarial, vendas e networking.


Dende Ribeira Sacra Next queremos agradecer especialmente ao Concello de Xunqueira de Espadanedo a súa acollida e colaboración, así como ao Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Baños de Molgas e Adecco o seu impulso e participación activa nesta iniciativa tan necesaria para o tecido empresarial da Ribeira Sacra.



A xornada resultou especialmente fructífera, permitindo compartir ideas, experiencias e reflexións arredor dos retos e oportunidades que afrontan as empresas do territorio. Ademais, o espazo de networking facilitou o contacto entre as persoas asistentes e abriu novas vías de cooperación empresarial.


Este tipo de encontros son fundamentais para avanzar cara a unha Ribeira Sacra máis dinámica, conectada e competitiva, na que a colaboración entre entidades, administracións, empresas e persoas emprendedoras sexa unha ferramenta clave para o desenvolvemento sostible do territorio.


Dende a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next seguiremos traballando para impulsar iniciativas que favorezan a cooperación, o emprendemento e a creación de oportunidades na Ribeira Sacra.


Grazas a todas as persoas e entidades que fixeron posible esta xornada. Seguimos sumando sinerxías pola Ribeira Sacra.

Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next participa en Vigo no encontro final de «Geografía Empresarial» do Círculo de Empresarios de Galicia
09/11/2026
O noso secretario, Héctor Silva, levou a voz das empresas da Ribeira Sacra á conversa «Catro territorios. Unha conversa sobre G

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next firma un convenio con Afigal
06/11/2026
Ribeira Sacra Next e Afigal asinamos un convenio de colaboración para facilitar o acceso ao financiamento das nosas empresas asociadasAs nosas empr

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: