RIBEIRASACRA_NEXT
Ribeira Sacra Next colabora co proxecto Laboratorio Digital Rural+

por

RS NEXT

|

15/06/2026

|

general

Para facilitar oportunidades laborais no territorio.


A Asociación de Empresarios Ribeira Sacra Next mantivo un encontro co equipo do proxecto Laboratorio Digital Rural+, unha iniciativa promovida pola Fundación DKV Integralia, entidade cunha ampla traxectoria na cualificación e inserción laboral de persoas con discapacidade.


A través desta colaboración, Ribeira Sacra Next actuará como entidade facilitadora entre o proxecto e as empresas asociadas, co obxectivo de dar a coñecer perfís profesionais dispoñibles e favorecer posibles oportunidades laborais no territorio cando exista demanda por parte do tecido empresarial.


Neste sentido, a asociación poderá canalizar información sobre candidaturas, perfís profesionais e oportunidades de emprego a través da súa plataforma *empleo.ribeirasacranext.gal*, sempre en función das necesidades reais de contratación das empresas.


Esta colaboración non implica ningún custo económico para a asociación nin para as súas empresas asociadas, e busca achegar talento cualificado ao entorno rural, favorecendo a inclusión, a empregabilidade e a conexión entre empresas e persoas candidatas.


Desde Ribeira Sacra Next continuarase traballando para xerar vínculos con entidades e proxectos que contribúan ao desenvolvemento económico e social da Ribeira Sacra, impulsando novas oportunidades laborais e facilitando recursos útiles para as empresas do territorio.

Novas relacionadas

Ribeira Sacra Next participa en Vigo no encontro final de «Geografía Empresarial» do Círculo de Empresarios de Galicia
09/11/2026
O noso secretario, Héctor Silva, levou a voz das empresas da Ribeira Sacra á conversa «Catro territorios. Unha conversa sobre G

Ver más ➜

Ribeira Sacra Next firma un convenio con Afigal
06/11/2026
Ribeira Sacra Next e Afigal asinamos un convenio de colaboración para facilitar o acceso ao financiamento das nosas empresas asociadasAs nosas empr

Ver más ➜

Asóciate e contribúe ó desenvolvemento da Ribeira Sacra

Ao asociarte, contribúes ao desenvolvemento da Ribeira Sacra e á creación de emprego sostible que fortalece o territorio e dá futuro ás novas xeracións.

Faite socio

Newsletter RSNext

Subscríbete á nosa newsletter para estar ao día das nosas novidades

RIBEIRASACRA_NEXT

Contacto

Horario: Luns a venres: 10h -14h

Teléfono: 672 534 727

Email: Xerencia@ribeirasacranext.gal

Síguenos: